O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, ou CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby francés da vila homónima, que compite na Nationale, a terceira categoría do rugby francés. A súa mellor tempada foi a 1996/97, na que foi subcampión do Top 14 e campión da Challenge Cup. O club está ausente da máxima categoría do rugby francés dende a tempada 2010/11.

Historia O club fundouse en 1906 co nome de Club Sportif BergusienNa época Bourgoin constituía un concello de seu. Durante o período de entreguerras, o club formado por xogadores afeccionados xogou no campionato rexional do Lyonnais, estes campionatos rexionais considerábanse na época a segunda categoría do rugby francés (e que recibía nomes como Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ mantívose sistematicamente na segunda división. En 1956 trocou o seu nome polo actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.

En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, e logrou ascender por primeira vez á primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estivo descendendo e ascendendo de categoría: descendeu en 1968, ascendeu en 1971, descendeu novamente en 1972, ascendeu novamente en 1973 e un novo descenso chegou en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volveu descender.

O CSBJ conseguiu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chegou á final en 1997, que perdeu fronte ao Tolosa. Aquel foi o mellor momento do club, proclamouse campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, ao gañar ao Castres. Ese ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir mais perdeuna contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.

Palmarés Top 14 Bourgoin disputou unha final da liga francesa en 1997. Tamén disputou as semifinais en 1995, 1999, 2004 e 2005.Palmarés do CSBJ Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 31 de maio de 1997Stade ToulousainCS Bourgoin12 - 6Parc des Princes, París44.000

Challenge Cup Bourgoin disputou tres finais da segunda competición continental, gañando unha delas en 1997Bourgoin, le poids de l'histoire e perdendo as outras dúas. Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 26 de xaneiro de 1997CS Bourgoin-JallieuCastres Olympique18 - 9Stade de la Méditerranée, Béziers10.00027 de febreiro de 1999AS MontferrandCS Bourgoin-Jallieu35 - 16Stade de Gerland, Lión31.98622 de maio de 2009Northampton SaintsCS Bourgoin-Jallieu15 - 3 Northampton conquista la Challenge Cup The Stoop, Twickenham9.260

Challenge Yves du Manoir AnoCampiónPuntuaciónSubcampión1997Section Paloise13-11CS Bourgoin-Jallieu1999Stade Français Paris27-19CS Bourgoin-Jallieu2003 (marzo)Stade Rochelais22-20CS Bourgoin-Jallieu2003 (novembro)Castres Olympique27-26CS Bourgoin-Jallieu

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial

Bourgoin-Jallieu