Magín Alfredo Froiz Planes, nado en Barbastro (Huesca) o 14 de decembro de 1943 e finado en Pontevedra o 10 de marzo de 2022, foi un empresario galego. Traxectoria Naceu en Barbastro fillo de pai galego, orixinario do Corpiño (Lalín), que marchou á fronte do Ebro durante a guerra civil española, e casou cunha veciña de Barbastro. A familia regresou a Galiza cando el tiña dous anos. Instalados en Pontevedra, os seus pais rexentaron un posto de carnizaría na praza de abastos. Fixo o bacharelato nun instituto de Pontevedra e traballou nunha empresa construtora. Despois empezou a súa profesión na carnizaría dun pequeno supermercado.

Casou á idade de 23 anos e ao ano seguinte xa era dono do supermercado onde comezara a traballar, facéndose cargo de 12 traballadores.

Empresa Seguiu a tradición familiar do comercio alimenticio, pasando da praza de abastos de Pontevedra a ser o xerente do grupo de alimentación Distribuciones Froiz, fundado en 1968. Ao morrer, a empresa estaba entre as 20 primeiras do sector da distribución alimenticia, con presenza en España e Portugal e con máis de 300 puntos de venda e 5000 traballadores.

Recoñecementos Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo en 2017. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Froiz

Ligazóns externas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Barbastro Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2022