O Club Deportivo Guijuelo é un club de fútbol de España, da cidade de Guijuelo, na provincia de Salamanca. Foi fundado en 1974 e actualmente xoga na Segunda División B.
Historia O Club Deportivo Guijuelo fundouse en 1974. O seu primeiro presidente foi David Hernández Ingelmo.
A tempada 2003/04 o equipo debuta na Segunda División B. Nesta categoría só dura unha tempada. Este ano regresa á Terceira, aínda que volve ascender a 2ªB, onde milita actualmente.
Na tempada 2013/14 acaba en cuarta posición e xoga, por primeira vez na súa historia, o playoff de ascenso a Segunda. O equipo salmantino foi eliminado na primeira rolda polo CD Leganés logo de empatar a cero en Guijuelo e perder 1-0 en Butarque.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes. Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.
Estadio O Guijuelo xoga no Estadio Municipal de Guijuelo, con capacidade para 1.500 persoas.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 16 (incluída a 2020/21) Tempadas en 3ª: 3 Mellor posto na liga: 4º (2ªB, tempada 2013/14)
Historial na liga TempadaCategoríaPosición2000/011ª Rexional10º2001/021ª Rexional1º 10px2002/033ª4º2003/043ª3º 10px2004/052ªB17º 10px2005/063ª3º 10px2006/072ªB12º2007/082ªB9º2008/092ªB9º2009/102ªB16º2010/112ªB15ºTempadaCategoríaPosto2011/122ªB7º2012/132ªB15º2013/142ªB4º2014/152ªB5º2015/162ªB6º2016/172ªB12º2017/182ªB13º2018/192ªB7º2019/202ªB9º2020/212ªB
Xogadores Cadro actual
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Radio Guijuelo
Guijuelo Guijuelo