A illa Carney é unha illa cuberta polo xeo, de 110 quilómetros de longo e uns 8500 km² de superficie, con todas as súas costas excepto a norte, dentro da barreira de xeo de Getz, na Antártida. Está localizada entre a illa Siple e a illa Wright ao longo da costa da Terra de Marie Byrd.

A illa Carney foi chamada así polo Consello Asesor dos Estados Unidos sobre Nomes Antárticos (EE.UU-ACAN) en honra ao Almirante Robert B. Carney, (1895 - 1990), Xefe de Operacións Navais durante a organización da Operación Deep Freeze de apoio ao Ano Geofísico Internacional de 1957 - 1958.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Antártida

Ligazóns externas

Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas da Antártida