Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio. Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India. Ela exerceu o poder no seu país entre o 19 de xaneiro de 1966 até o 24 de marzo de 1977, e novamente dende o 14 de xaneiro de 1980 até o seu asasinato en 1984, levado a cabo por extremistas sikhs. É a segunda Primeira Ministra da India que máis tempo ocupou o seu cargo, só por detrás do seu pai.

Traxectoria Durante a época de goberno de Nehru como Primeiro Ministro da India dende 1947 até 1964, Gandhi foi considerada unha asistente chave que o acompañou nas súas numerosos viaxes ó estranxeiro. Foi elixida como Presidenta do Congreso Nacional Indio en 1959. Logo da morte do seu pai en 1964, foi nomeada membro da Rajya Sabha (cámara alta) e membro do gabinete de Lal Bahadur Shastri como Ministra de Información e Radiodifusión. Na elección de liderado parlamentario do Partido do Congreso celebrada a comezos de 1966 (logo da morte de Shastri), ela derrotou ó seu rival Morarji Desai para se converter en líder, e así sucedeu a Shastri como Primeira Ministra da India.

Como Primeira Ministra, Gandhi foi coñecida pola súa política intransixente e pola centralización de poder sen precedentes. Entrou en guerra con Paquistán en apoio do movemento de independencia de Paquistán Oriental e nunha guerra de independencia, a cal deu como resultado unha vitoria india e a creación do estado de Bangladesh. Ademais isto provocou o incremento da influencia da India, que se converteu nunha potencia rexional de Asia Meridional. Citando tendencias separatistas, e en respota dunha chamada pola revolución, Gandhi instituíu o estado de emerxencia no país entre 1975 e 1977, onde as liberdades civís básicas foron suspendidas e a prensa foi censurada. Durante a emerxencia leváronse a cabo atrocidades xeneralizadas. Na década de 1980, regresou ó poder logo de eleccións libres. Logo de que Gandhi ordenase unha acción militar no Templo Dourado como parte da Operación Blue Star, os seus propios gardacostas e nacionalistas sikh asasinárona o 31 de outubro de 1984.

En 1999, Indira Gandhi foi nomeada "Muller do Milenio" nunha enquisa en liña organizada pola BBC. En 2020, Gandhi foi nomeada pola revista Time como unha das 100 mulleres máis poderosas do mundo que definiron o século pasado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Primeiros ministros da India Categoría:Nados en Allahabad Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford