A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finés) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás da Svenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionais National Hockey League (NHL) e Kontinental Hockey League (KHL).
Creada en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), a SM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende a tempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.
O equipo campión recibe a Kanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos: Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos), TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) e Kärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio da tempada 2019-20.
Historia Inicios do hóckey sobre xeo en Finlandia miniatura|250px|dereita|Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico. A pesar da popularidade da que goza actualmente no país, o hóckey sobre xeo chegou a Finlandia a finais da década de 1920, de feito o país non se converteu en membro da Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (coñecida polas súas siglas en inglés IIHF) ata 1928, cando creou a súa propia federación.
Non foi ata a década de 1950 cando o hóckey sobre xeo comezou a mellorar as súas condicións e iniciou a súa modernización, coa construción de pistas primeiro en Tampere (1956) e logo en Helsinqui (1958). Un factor decisivo na modernización da modalidade foi a súa conversión nun deporte interior a partir da década de 1960, e que finalizaría en 1973 coa cobertura da pista de Kupittaa en Turku. A conversión en deporte interior producir un incremento no número de partidos do campionato, pasando de sete encontros na tempada 1949-50 a 32 nos primeiros anos da década de 1970, feito que sumado á mellora nas condicións de visualización provocou un aumento nos ingresos, se ben o deporte continuou a ser semiprofesional nestes anos.
Outro feito importante no desenvolvemento do hóckey sobre xeo finlandés tivo lugar en 1965, cando o país foi sede do Campionato do Mundo. Se ben inicialmente o torneo se ía disputar en Helsinqui, as dificultades para ter finalizado o pavillón para a data de inicio da competición levaron a que esta se disputara en Tampere.
Creación da SM-liiga Malia os avances na modernización do hóckey sobre xeo finlandés que se levaron a cabo a principios da década de 1970, a súa organización non se topaba ao mesmo nivel. O sistema de toma de decisións dentro da Suomen jääkiekkoliitto (a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo), que daquela organizaba todas as competicións do país, e outros aspectos como a volatilidade da toma de decisións ou os horarios, motivaron o descontento dos clubs máis fortes, daquela xa organizados na súa propia organización, a Sarjaseurat ry., que non tiña poder nas reunións federativas. miniatura|esquerda|225px|Kalervo Kummola foi o primeiro presidente da SM-liiga en 1975, permanecendo no cargo ata 1987. Deste xeito, en 1974, o daquela presidente da federación finlandesa Harry Lindblad creou un comité liderado por Markku Mäenpää para considerar unha mudanza organizativa. Este comité propuxo a separación da SM-liiga (a máxima categoría) do outras actividades da federación. Finalmente o día 24 de maio de 1975 a Sarjaseurat ry. fundou a SM-liiga na súa reunión anual celebrada en Tampere.Se ben producíronse mudanzas organizativas importantes, a creación da SM-liiga foi o maior logro, xa que os clubs gañaron independencia, unha independencia salientada polo feito de que a súa sede estaba en Tampere, mentres que a federación a tiña en Helsinqui.
Organizativamente a liga contaba cun presidente, un representante de cada club e un representante da federación. Kalervo Kummola foi votado como o primeiro máximo responsable do organismo, posto que ocupou ata 1987 co alcume de "Rautakansleri" (en galego "Chanceler de ferro").
Nun principio, a liga comezou con 10 equipos en setembro dese mesmo ano, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da I-divisioona (a que daquela era a segunda categoría), que promovía os trocos de clubs na clasificación. Os dez equipos que participaron na primeira edición foron os oito mellor clasificados da derradeira edición da SM-sarja, que foron acompañados polos dous mellores equipos da I-divisioona, Sport e FoPS, que ascenderon á máxima categoría.Championnat de Finlande 1975/76Jääkiekkokirja 1975-76
O primeiro gol da nova SM-liiga anotouno Raimo Brax no partido inaugural de Sport fronte a HIFK. Nesta primeira tempada os dous últimos clasificados xogaron unha liguiña de permanencia fronte aos dous mellores equipos da segunda categoría, a I Divisioona, na que Sport perdeu a categoría en favor do Kiekkoreipas de Lahti, mentres que FoPS conseguiu a permanencia.
Aínda que se pensaba que a primeira tempada da nova competición se disputara sobre a base da antiga SM-sarja, decidiuse que esta adoptara de xeito inmediato un sistema de play-offs a semellanza das ligas norteamericanas, aínda que por motivos de calendario as eliminatorias disputáronse ao mellor de tres encontros. Ao finalizar esta primeira tempada o TPS de Turku proclamouse campión grazas a un gol de Seppo Repo a falta de 21 segundos para o final do segundo partido da final disputada fronte a Tappara.
A primeira expansión A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos da selección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 na tempada 1988-89, materializando a decisión que a liga tomara xa en marzo de 1986. Deste xeito HPK e SaiPa pasaron a disputar a máxima categoría ao ser os dous mellores equipos da I-divisioona, mentres que o peor equipo da SM-liiga ese ano, o KooKoo de Kouvola, tivo que disputar unha eliminatoria fronte ao terceiro mellor equipo da segunda categoría, o Kiekkoreipas de Lahti, ao cal derrotou en cinco partidos (3-2).
Na tempada 1994-95 a SM-liiga viu a chegada de 16 xogadores da National Hockey League (NHL), con Teemu Selänne e Jari Kurri (Jokerit), Christian Ruuttu e Esa Tikkanen (HIFK), Michael Nylander (JYP HT), ou Theo Fleury (Tappara) entre outros. Isto produciuse polo bloqueo da liga norteamericana, o que motivou que os xogadores das franquías da NHL procuraran outras competicións en Europa. Este feito supuxo un aumento na asistencia aos partidos e unha motivación para os xogadores dos equipos finlandeses, que cada noite se medían aos xogadores da NHL.
Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no 2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs a sociedade limitada.
Dende a tempada 2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende a Mestis sen a aprobación da SM-liiga. Ese mesmo ano ascendeu á liga Kärpät, que conseguiu o ascenso na tempada anterior no play-out fronte a Pelicans, que mantiveron a súa praza na liga grazas ao aumento do número de equipos, que na tempada 2000-01 pasouse de doce a trece equipos na liga.
Na tempada 2003-04 o sistema de play-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir que dous equipos acompañan aos seis mellores. En 2005 foi admitido na liga o KalPa de Kuopio, aumentando o número de equipos ata os 14 clubs. Na tempada 2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nos play-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular, se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis. miniatura|300px|esquerda|O Olympiastadion durante o Talviklassikko de 2011. Na tempada 2010-11 introduciuse o Talviklassikko (en galego Clásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre no Estadio Olímpico de Helsinqui no que se enfrontan os dous equipos da cidade, o HIFK e o Jokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3. O éxito do derbi da capital levou a reeditar os duelos ao aire libre entre os dous principais equipos da cidade de Tampere, o Tappara e o Ilves, que o 9 de abril de 2013 se enfrontaron no Estadio de Tampere, no que foi a primeira edición do Open Ice Winter Classic Tampere, con todo, o partido ao aire libre entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés non volveu disputarse nas tempadas seguintes.
Unha nova denominación: nace a Liiga Na tempada 2013-14 a competición mudou o seu nome e imaxe, pasando a denominarse simplemente Liiga, ademais a principios desa mesma tempada anunciouse que o Jokerit deixaría a competición para pasar a xogar na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.SM-Liiga changes name en www.eurohockey.com Liiga preview en www.eurohockey.com O equipo de Helsinqui foi substituído na tempada 2014-15 polo Sport de Vaasa logo de ter sido aceptado pola Liiga. A principios desa mesma tempada, a competición anunciou unha nova incorporación á liga logo de admitir ao KooKoo de Kouvola a partir da tempada 2015-16, pasando dunha liga de 14 equipos a unha de 15. A expansión da liga continuou na tempada seguinte, cando se incorporou o Jukurit de Mikkeli, que substituíu os Espoo Blues, que cesaron as súas operacións ao declararse en bancarrota logo da tempada 2015-16.
Durante a tempada 2019-20, por primeira vez na súa historia, a Liiga non decidiu ningún campión, xa que o día 13 de marzo de 2020 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación. Con todo, a Liiga entregou o Harry Lindbladin muistopalkinto a Kärpät, que xa tiñan asegurado o trofeo antes da suspensión da tempada.
Nova ampliación e liga aberta Na tempada 2024-25 produciuse unha nova expansión da liga coa entrada do Kiekko-Espoo. Ese mesmo ano a liga volveu converterse nunha competición aberta, polo que volveu existir a posibilidade de que houbera ascensos e descensos de categoría, un feito que non se producía dende a tempada tempada 2012-13. Deste xeito, o equipo máis feble da Liiga pasou a disputar unha serie clasificatoria fronte o campión da Mestis. Na mesma asemblea na que se aprobou abrir a competición, fixouse como número máximo de equipos en 16 a partir da tempada 2025-26, e estableceuse que se un equipo abandona a liga a súa praza non será ocupada por outro.
Equipos