O zen (en , pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende a China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.
O zen céntrase na práctica rigorosa da meditación, o coñecemento da natureza de Buda, e a expresión deste coñecemento na vida diaria, especialmente para o beneficio doutros. Por iso, pon menos énfase no coñecemento de sutras e a doutrina, favorecendo o entendemento a través de zazen e a interacción cun mestre consumado.
O ensino do zen inclúe varias fontes de pensamento Mahāyāna, especialmente Yogācāra, os Sutras Tathāgatagarbha e a Huayan. A literatura Prajñāpāramitā e, en menor grao, Madhyamaka, tamén tiveron influencia na conformación da "lingua paradóxica" da tradición zen.
Orixe do budismo zen miniatura|esquerda|150px|Mestre chinés Yunmen Wenyan O budismo mahayana orixinario da India chegou á China durante o século I. Ao principio, foi unha transposición do budismo hindú, de forma que as principais prácticas consistían na tradución e o estudo de textos. Progresivamente, empeza un proceso de significación do budismo no cal xurdiron varias escolas, e a escola chán foi unha destas.
O desenvolvemento do zen parte, pois, dunha noción doutrinal nos sutras budistas do mahayana, en que se afirma a preeminencia do cultivo de dhyana como a vía preferente para conseguir o nirvana.The Formation of Ch'an Ideology in China and Korea: The Vajrasamadhi-Sutra, a Buddhist Apocryphon.Buswell, R. Princeton 1989. No budismo primixenio, observábase unha progresión en diferentes estados da meditación ou jhanasNome en linguaxe pali de dhyana que suceden nun cultivo gradual do practicante. Neste contexto, o zen afirmará a existencia dun acceso directo e espontáneo ao último e superior de todos estes -aquel que precede inmediatamente a experiencia do nirvana- sen necesidade de experimentar os anteriores, mediante vías de acceso espontáneas e que son alleas á intelectualización ou unha noción de crecemento gradual no perfeccionamento espiritual. O zen é, por antonomasia, a tradición budista da intuición e a espontaneidade.
Características O zen enfatiza o papel da meditación (zazen) na procura da iluminación. Ademais disto, o zen tense chamado "un xeito de vida, traballo e arte". A súa práctica básica é a meditación. Así o zen non é un concepto, senón unha experiencia persoal. Dada a influencia do Taoísmo, o zen non fai fincapé no academicismo ou en cousas similares, e en vez diso concéntrase na meditación, o coñecemento non-racional do mundo e a maneira en que a mente reacciona a aquilo.
O zen sostén que a meditación zazen é a mellor forma de práctica espiritual. Unha tradución aproximada de zazen é "meditación sentada". No zazen os practicantes toman a postura do loto, medio loto, birmana ou seiza. Os practicantes da escola Rinzai sentan mirando o centro do cuarto, mentres a práctica da escola Sôtô é sentar mirando un muro. Búscase ter conciencia completa da postura asumida e ás veces na respiración. Desta maneira, os practicantes buscan superar o pensar e tamén ser conscientes do universo.
Escolas zen Escolas de orixe posterior, en especial a escola Rinzai, desenvolveron os famosos koans, "adiviñas" ou "crebacabezas" paradoxais creadas para sacar a mente do seu pequeno terreo de racionalidade e levala a unha conciencia sen prexuízos. As escolas xaponesas da tradición zen son o Sôtô zen, o Rinzai zen e o Obaku zen. Orixinalmente formulado polo mestre Chinés Linji (Rinzai en Xaponés), a escola Rinzai foi introducida no Xapón no 1191 por Eisai. Dogen, quen estudara en Eisai, levou o Caodong, ou escola "zen Soto" ao Xapón desde China. Obaku foi introducido no século XVII por Ingen, un monxe chinés.
Zen e budismo miniatura|dereita|240px|Bodhidharma e Huike. O zen é considerado por algúns como non necesariamente unha relixión Budista, de feito algúns cristiáns teñen sido recoñecidos formalmente como mestre zen. O zen a miúdo descríbese como “un xeito de vida”, sen depender dunha cultura en concreto.
Ao mesmo tempo, as institucións que apoian a práctica zen recoñécense como budistas e como seguidores dos ensinos de Gautama Buddha. Por iso, na práctica, o zen é unha clase de budismo.
O zen non é unha filosofía intelectual ou unha procura solitaria: o zen enfatiza na práctica meticulosa, incluíndo retiros periódicos para meditación. A práctica colectiva é valorada como un xeito de escapar das trampas do “ego”.
Zazen miniatura|100px|Zafu. O zazen é a práctica por excelencia da meditación budista desenvolvida pola escola soto xaponesa. Esta técnica de meditación é, sen dúbida, a práctica do budismo zen máis estendida e coñecida hoxe. É a clásica postura de Buda sentado en meditación. A miúdo, vese esta posición en estatuas de Buda a través de todo Oriente: un home tranquilo cos ollos medio pechados, as costas dereitas, as pernas cruzadas en posición de "lotus". No zazen, isto adóitase facer sobre unha pequena almofada redonda chamada zafu en xaponés, que axuda a bascular a columna.
Hai diferentes aproximacións ao zazen. Algunhas postulan o fluxo natural da respiración e unha posición cómoda, mentres que outras máis novas teñen especial interese en asegurar fisicamente unha actitude correcta. As primeiras son, sen dúbida, as máis tradicionais e que máis aparecen nos textos históricos. Entre aquelas que salientan o compoñente físico, atopamos a recente do monxe xaponés Taisen Deshimaru, que a partir de 1970 estenderá unha rede de centros en toda Europa e que aínda hoxe é a forma maioritaria de coñecer o zen en Europa. A regulación da respiración e a posición da columna vertebral, pernas e mans son esenciais. Nos Estados Unidos, en troques, mediante o contacto desenvolto a partir da segunda guerra mundial, atopamos unha variedade bastante máis ampla.
Aínda así, aínda que no tema físico haxa diferentes enfoques, na aproximación doutrinal no zazen as diferenzas case non existen. Requírese unha atención constante pero tranquila por parte do practicante. O pensamento libérase; nin pensa nin deixa de pensar. Déixase pasar. Non colle nin rexeita, coma se os refachos mentais fosen nubes que atravesan o ceo sen deixar rastro. Esta contemplación tranquila e atenta levará o seguidor a descubrir a súa natureza búdica: "se deixamos de remover a auga dun estanque, poderemos ao fin ver claramente o fondo".
En xaponés, a esta acción de sentar chámase shikantaza, que xunto ao mushotoku ou ausencia de intención, confórmase así nunha disposición na práctica budista, en que está presente a existencia da "iluminación". É un ensino en que o simple feito de sentar é xa un acto de harmonía chea, de converterse en Buda. Polo tanto, práctica e aprendizaxe van xuntas. Tamén se fala da práctica da non-práctica. O principal expoñente deste ensino é, sen dúbida, o monxe Dogen, a obra principal do cal, Shobogenzo, vén ser a guía fundamental de práctica e ensino da escola Soto.
No budismo zen xaponés, a outra escola principal chamada Rinzai está especializada nos chamados koan. Os koan son unha derivación dos gōngān chineses, que literalmente quere dicir 'caso público'. En orixe, facían referencia a diálogos e acontecementos entre mestre e discípulo que eran rexistrados de maneira escrita. Xa no Xapón, a escola Rinzai recolleraos e ampliaraos, e usaraos como técnica de meditación indo máis aló da simple reflexión.
Un koan pode ser unha pregunta sen aparente sentido. Unha cuestión das máis coñecidas é: "Cal é o son ao facer as palmas cunha soa man?". Outra é: "Cal era a túa cara orixinal antes do nacemento?". O practicante investigará este tipo de pregunta cunha concentración total ata que o seu razoamento conceptual quede erradicado, e así poida xurdir prajna, a sabedoría intuitiva. Isto ocasionará un espertar (satori, kensho) á súa natureza búdica.
Interpretación do zen O zen non é unha relixión senón unha orixe indefiníbel, emprazado alén das palabras e ideas, e cuxo entendemento só se logra a través da experiencia individual. Todas as relixións teñen unha orixe máis concreta e por isto o zen non ten vínculos con ningunha relixión, nin sequera co budismo. Entón, o zen é a perfección fundamental de todo o que existe e coñecérono todos os santos e sabios en todas as épocas. Así é como o zazen, máis que un método para lle axudar á xente a se liberar, é a maneira en que se expresa a perfección e entendemento da perfección presente en cada individuo.
Bodhidharma miniatura|esquerda|230px|Bodhidharma. De acordo cos relatos tradicionais, o zen chegou á China por un monxe hindú ao redor do século VI, denominado Bodhidharma (Daruma en xaponés). Era o 28º sucesor nunha liña de transmisión de ensino que a tradición remonta até Kasyapa, discípulo de Buda.
Como queda recollido no "Rexistro Jingde de transmisión da luz", embarcouse ao redor do ano 520 aC nunha viaxe que o levou até o Reino de Liang, territorio do sur da China. Alá, Bodhidharma tivo unha famosa conversación co emperador Wu, e declarou que as boas accións feitas con intencións egoístas eran inútiles, sen xenes de mérito, e non servían para conseguir a iluminación.
Posteriormente, dirixiuse a un mosteiro preto de Luòyáng, ao leste da China e, segundo a lenda, estivo a meditar ante a parede dun cantil antes de aceptar ningún discípulo. Finalmente, morreu no templo Shaolin da montaña Sōng (嵩山少林寺), no condado Dengfeng, provincia de Henan. A montaña Sōng é o cume máis alto das Cinco Montañas Sacras, situadas na provincia de Honan.
Como heroe cultural lendario, a Bodhidharma tamén se o vincula co templo Shaolin e a consecuente difusión das artes marciais de Asia oriental, especialmente na tradición oral de escolas de kung fu e taijiquan, así como nos populares traballos de ficción do xénero wuxia. Con todo, hoxe sábese con certeza que as artes marciais non estiveron presentes no budismo chinés nin no templo shaolin até bastantes séculos despois. Do mesmo xeito, tamén hoxe sábese que Bodhidharma non estivo literalmente "ante un muro", senón que falaba dun muro como un estado da mente. Os modernos descubrimentos e traducións continúan dando hoxe máis luz sobre as orixes desta tradición budista, sen dúbida unha das máis practicadas no mundo.
Bodhidharma é, xa que logo, o 28º patriarca da liñaxe do budismo zen, ao cal seguirán 6 patriarcas máis, o último dos cales será Huìnéng. Con Huìnéng, acábase a liña do patriarcado zen, pero non a liña sucesoria do zen. Desde Huìnéng, esténdese unha completa xenealoxía que liga mestres, ensinos e mosteiros até chegar aos tempos actuais. Aos mosteiros chineses ou xaponeses, estas complicadas árbores xenealóxicas adoitan ser aínda unha cousa común.
Expansión do zen Tradicionalmente, o zen procede do Budismo indio, onde era coñecido como "dhyāna" (ध्यान), termo sánscrito para meditación. Posteriormente, monxes xaponeses que estudaban na China aprenderon o zen e levárono ao Xapón, onde xurdiron distintas escolas de pensamento. Este nome foi transliterado en chinés como Chan|Chán (禪 / simplificado no Xapón a 禅); "Chán" pasou ao coreano como Seon, ao vietnamita como Thiền e ao xaponés como "zen."
De acordo á tradición, o zen foi fundado na China por Bodhidharma (Daruma en xaponés), un monxe Budista indio, no templo Shaolin, durante o século V a.C.
Na China, o chan foi influenciado polo taoísmo; da China pasou a Corea e, a través de monxes coreanos, arredor do século VII, chegou ao Xapón. É importante salientar que Chan, Seon e zen continuaron a se desenvolver separadamente nos seus países de orixe, e seguen a manter identidades separadas hoxe en día.
Chán: a tradición da China