A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, xatos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, almallas, novelas, xovencas ou xuvencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.
Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.Preliminary 2009 data, now available for selected countries and products . En FAOSTAT .
Étimo A orixe etimolóxica da palabra vaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. Para Roque Barcia Martí, vaca vén da voz sánscrita vapati, que significa muxir, e que no sánscrito clásico pasaría a vapati, xa co significado actual. A voz latina uacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótese supón para a voz latina unha orixe na onomatopeica bacca, que daría lugar tamén a bos, dando orixe ó seu heterónimo actual, boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na voz hebrea vaca ou bacar, un substantivo epiceno que significa o mesmo boi que vaca.
Bioloxía
Taxonomía miniatura|esquerda|200px|Debuxo dun uro, Bos primigenius.
Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxe Bovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8.500 anos no sueste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario da cabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba de pastos maiores.
Carl von Linné identificou tres especies distintas: Bos taurus, ou gando europeo, que inclúe tipos semellantes de África e Asia; Bos indicus, ou cebú, de orixe asiática; e o Bos primigenius ou uros. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única, Bos primigenius taurus, Bos primigenius indicus e Bos primigenius primigenius. Existen numerosos híbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a medios tropicais do gado cebú.
Anatomía miniatura|dereita|200px|Estómago composto da vaca.
O boi e a vaca son un mamífero ungulado, herbívoro e ruminante que vive entre 14 e 16 anos.
Aparello dixestivo miniatura|dereita|200px|Vaca pastando.
O aparello dixestivo da vaca permítelle dixerir alimentos ricos en fibra, que noutros sistemas dixestivos non serían aproveitábeis, regurxitándoos e mascándoos de novo. A forza e rixidez das plantas débese á fibra, que é o compoñente principal dos talos das gramíneas e outras; os azucres complexos (celulosa e hemicelulosa) atópanse pechados nas paredes das células e son inaccesíbeis para a maioría dos animais. Tras unha segunda mastigación, o alimento pode ser dixerido por bacterias, protozoos e microbios que habitan no rume, que xeran os ácidos graxos volátiles que supoñen a fonte de enerxía metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rume sintetizan tamén aminoácidos de compostos de nitróxeno non proteínico como a urea. O baixo contido enerxético da súa dieta fai que teñan que pasar gran parte do día alimentándose.
As vacas contan cun estómago composto por catro cavidades, o rume, o retículo, o omaso e o abomaso. O retículo é o de menor tamaño e o rume o maior. O contido do retículo mestúrase co do rume case continuamente e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é un vaso de fermentación no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas. O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (<1–2 mm) ou son densas (>1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade. A función principal do abomaso é a de aproveitar auga e minerais como o sodio e o fósforo, que poden retornar ao rume a través da saliva. O abomaso segrega ácidos fortes e moitos enzimas dixestivos.
Aparello reprodutor
MasculinoFemininoOs testículos dos máis novos están localizados inicialmente en posición abdominal antes de migrar cara ao saco escrotal; ambos os dous testículos pesan xeralmente uns 800 g e están recubertos por unha membrana fibrosa inelástica, a albuxínea, unida ao músculo cremáster que pode retraer ou facer variar a súa altura. Ao testículo úneselle o epidídimo, constituído polos canais aferentes. A súa cabeza está aplicada sobre o testículo e comunica con el por varios condutos, e a súa cola, máis fina, desemboca no conduto deferente. No epidídimio é onde os espermatozoides terminan a súa maduración. O conduto deferente conéctase á uretra no mesmo lugar que as vesículas seminais, unhas glándulas lobuladas que miden entre 8 e 15 cm de lonxitude, de 3 a 5 cm de ancho e 1–2 cm de espesor. Forman, xunto coa próstata e as glándulas bulbouretrais, as glándulas anexas, que segregan diversos compoñentes do esperma. A próstata do boi é de pequeno tamaño e dispersa en torno á uretra. As glándulas bulbouretrais, do tamaño dunha castaña, están localizadas na porción posterior da uretra. O pene mide entre os 80 e os 110 cm de lonxitude; está composto de tecidos non moi eréctiles, mais que se compensa coa súa dobre inflexión en forma de S, coñecida como flexura sigmoide ou «S» peniana, que é capaz de despregarse e permitir o alongamento do órgano fóra da vaíña no momento do apareamento. A vaíña, dunha lonxitude de 35 a 40 cm e un diámetro de 3 cm, sitúase a poucos centímetros por detrás do embigo.Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction du taureau por Christian HanzenOs dous ovarios da vaca están situados a media altura do corpo do ilio, a 40 cm da vulva; son de pequeno tamaño, cun peso de 10-20 g e forma de améndoa. Os ovarios están no interior das bolsas ováricas que se abren aos ovidutos; nos ovidutos é onde se leva a cabo a fecundación e as primeiras fases de desenvolvemento do embrión. O oviduto componse por un infundíbulo aberto sobre a bolsa ovárica, a ampola, e dun istmo estreito que desemboca no corno uterino. O útero, o órgano da xestación, está dividido en dous cornos uterinos de 35 a 40 cm de lonxitude lixeiramente circunvolucionados. O cérvix uterino mide uns dez centímetros; os pregos no cérvix danlle unha forma similar a unha flor aberta cando é observado de fronte. A vaxina é relativamente longa, cuns 30 cm de lonxitude e 5–6 cm de diámetro; detense á altura do meato urinario e os vestixios do hime.Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction de la vache por Christian Hanzen en Thériogénologie des animaux de production. Facultade de Medicina Veterinaria, Universidade de Liexaminiatura|centro|350px|1. Recto 2. Próstata 3. Glándulas bulbouretrais 4. Músculo isquiocavernoso 5. Músculo bulbocavernoso 6. Cremáster 7. Epidídimo 8. Testículo 9. Vesícula seminal 10. Conduto deferente 11. Vexiga 12. Rume 13. Flexura sigmoide 14. Pene 15. Glande 16. Escroto.miniatura|centro|350px|1. Recto 2. Vulva 3. Clítoris 4. Vaxina 5. Pelve 6. músculos 7. Teto 8. Cérvix uterino 9. Vexiga 10. Bolsa ovárica 11. Ovario 12. Corno uterino 13. Ovidutos 14. Ubre
Reprodución O período de xestación da vaca é de nove meses. Normalmente ten unha soa cría, que pesa entre 40 e 50 kg, aínda que en ocasións pode ter dous becerros nun só parto.
Nunha explotación industrial do gando bovino é máis corrente usar a inseminación artificial que a natural. Este método permite mellorar o control sobre o proceso e facer melloras xenéticas. A técnica de transferencia de embrións é moi pouco común, pero espérase que se estenda no futuro.
Glándulas mamarias miniatura|dereita|200px|Ubre de vaca.
O ubre dunha vaca contén catro glándulas cuxo tamaño e peso varían coa idade da vaca e co seu estado de lactación. Ademais, no 40% das vacas pódese atopar un ou máis tetos adicionais, con ou sen tecido glandular asociado. O ubre dunha vaca moi produtora pode chegar a dar 17,1 kg de leite ó día. O tamaña do ubre pode sufrir variacións de ata 1/3 do seu volume no período que vai dende unha muxida ata a seguinte. Esta variación depende da calidade do ubre e da cantidade de leite segregado .
Dende o nacemento ata a súa puberdade, as glándulas mamarias das xatas pasan por diferentes fases de desenvolvemento. O ubre aumenta de tamaño, adquirindo unha forma definida, debido en parte á acumulación de graxa. A iniciación dos ciclos estrais supón unha estimulación maior para o crecemento. Coa primeira preñez complétanse os ductos, os tecidos secretores e o leito vascular.
Xenoma O xenoma do Bos taurus está organizado en 29 pares de autosomas e dous cromosomas sexuais, ten máis de 27 000 xenes (dos que boa parte están presentes no ser humano e a meirande parte correspóndense con grandes fragmentos de cromosomas humanos, e en ocasións con cromosomas enteiros) e uns tres mil millóns de pares básicos, un tamaño similar ao do xenoma humano.Bos taurus (cattle):An agriculturally important animal for beef and milk production, National Center for Biotechnology Information (NCBI)Hacia una mayor comprensión de la biología de los bovinos: secuenciado al completo el genoma de la vaca , Instituto Nacional de Investigación Agronómica de Francia (INRA)]Bos taurus (cattle): Reference genome sequence, National Center for Biotechnology Information (NCBI) A secuenciación do xenoma da especie foi publicado no ano 2009 na revista Science no ámbito do «Proxecto internacional de secuenciación do xenoma bovino» levado a cabo por diferentes centros de investigación estadounidenses e que contou con fondos principalmente norteamericanos, aínda que tamén participaron outros países como Australia, Nova Zelandia ou Noruega, e que requiriu seis anos de traballo e a participación de máis de 300 científicos de 25 países. Os traballos foron realizados sobre o caso dunha vaca da raza Hereford.The Genome Sequence of Taurine Cattle: A Window to Ruminant Biology and Evolution, The Bovine Genome Sequencing and Analysis Consortium, Christine G. Elsik, Ross L. Tellam y Kim C. Worley na revista Science
Os coñecementos adquiridos a través desta secuenciación poden ter importantes implicacións na gandaría bovina, tanto no sector cárnico como no leiteiro, e tamén no que se refire á reprodución ou á adaptación das especies ás técnicas gandeiras ou no seu impacto medioambiental. Este estudo tamén é relevante pola importancia destes bóvidos domésticos como organismo modelo en investigacións sobre a obesidade, enfermidades infecciosas, endocrinoloxía, fisioloxía e técnicas reprodutivas.
Parasitoloxía As vacas poden transmitirlle ao ser humano a tenia da especie Taenia saginata cando este come carne de vaca pouco cocida que conteña os cisticercos (larvas) da tenia, que á súa vez a vaca adquiriu ao comer herba contaminada con ovos do verme procedentes de feces humanas.David Botero. Parasitosis Humanas. Páxina 149. Google books Unha vez inxeridos os ovos pola vaca, os cisticercos da tenia enquístanse principalmente na musculatura, sobre todo nos músculos maseter, corazón, lingua, músculos das costas, diafragma e intercostais, e en menor medida no esófago, a graxa do fígado, pulmóns, ganglios linfáticos e tecido celular subcutáneo, orixinando a cisticercose bovina, que moitas veces é asintomáticaJohannes Kaufmann. Parasitic Infections of Domestic Animals: A Diagnostic Manual. Páxina 88. Google books. . Segundo a normativa comunitaria e española a inspección sanitaria da carne debe realizarse examinando a lingua, esófago, corazón, diafragma, maseter e superficies da canal.Benito Moreno García. Higiene e Inspección de carnes-II, Volume 2. Páxina 273. Google books.