dereita|miniatura|270px|Partes dun hórreo asturiano (en lingua asturiana). O hórreo asturiano é unha tipoloxía de hórreo característico de Asturias e que está presente tamén en certas orientais de Galiza e occidentais da provincia de León. Estímase que só en Asturias hai entre 20.000 e 30.000 hórreos.
Características morfolóxicas Ten planta cadrada ou rectangular. Descansa en catro ou máis pequenos esteos de pedra ou madeira situados baixo o armazón. O tellado é a catro augas fabricado en piorno ou lousa. A armazón é de madeira, en pezas de grandes proporcións. Son frecuentes os debuxos ornamentais variados nas paredes exteriores da cámara.
Tipoloxía Segundo o seu estilo decorativo atopamos tres variantes principais: estilo Villaviciosa, estilo Carreño e estilo Allande. Estilo Villaviciosa: a maior concentración preséntase nos concellos de Colunga, Cabranes e Piloña, co foco principal en Villaviciosa. Este estilo correspuende aos hórreos máis antigos conservados. Á hora de decorar os seus hórreos, os carpinteiros estaban influenciados polo que vían nas súas igrexas, co que parece xurdir un sutil parentesco ente as decoracións románicas e o estilo Villaviciosa. A madeira pode estar tallada ou pintada. Os hórreos pintados presentan deseños xeométricos baseados en cores planas (vermello, azul ou branco). As características máis representativas do refírense á decoración dos lliños (véxase na imaxe superior con letra j). Estilo Carreño: constitúeno grandes hórreos da zona costeira do centro de Asturias, nos que as súas fachadas están cubertas por tallas con flores e formas xeométricas e cores vivas. O adorno procura encher todo o espazo dispoñible e amosa certa infuencia das tallas barrocas. Pódese deber a que os hórreos mellor decorados puideron ser construídos polos mesmos tallistas que labraban os retablos rurais. Estilo Allande: este estilo atópase no occidente interior de Asturias. A decoración baséase en motivos independentes que se atopan nos laterais da porta. Os motivos representados son os habituais do maxín popular, con fortes raíces simbólicas ou máxico-relixiosas. Predominan as figuras xeométricas como os tetrasqueis, rosetas radiais ou entrelazados.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.horreosdeasturias.es
Outros artigos Hórreo Hórreo galego Panera
Categoría:Hórreos Categoría:Arquitectura en Asturias