Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.
Traxectoria Estudou Dereito. Exmilitante do Partido Popular de Galicia, era unha das caras coñecidas da rama galeguista neste partido"Son galeguista no bordo da autodeterminación", entrevista con Cuíña no Xornal de Galicia, 20 de febreiro de 2009.. Escribiu para diversas publicacións como Vieiros, Xornal de Galicia ou o xornal A Peneira, e acadou certa sona pola súa pertenza á asociación cívica na defensa da lingua galega, ProLingua. Así mesmo, forma parte do equipo permanente do Instituto Galego de Estudos Autonómicos (IGEA) que dirixe o nacionalista Anxo Quintana"Cuíña entra na directiva do IGEA" , artigo en El Correo Gallego, 15 de febreiro de 2010..
Membro da plataforma galeguista Acción Galega, o 14 de abril de 2012 anunciou a súa marcha do Partido Popular , integrándose en xuño dese mesmo ano na organización política Compromiso por Galicia. Nas filas desta formación concorreu como cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, malia non acadar finalmente representación. Nas municipais de 2015 foi candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Lalín e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG e PAC. Nas municipais de 2019 perdeu a alcaldía ó recuperar o PPdeG a maioría absoluta. No 2023 volveu encabezala candidatura de Compromiso por Galicia mais non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG mantivo a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Lalín Galeguismo
Ligazóns externas Columna de Cuíña no xornal dixital Vieiros.
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia por CxG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1972 Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia