miniatura|Inscrición arcaica (...Ι ϜΑΝΑΚΤΙ) ([poteidan]i wanakti) nun fragmento de cerámica. O termo é unha palabra antiga do grego para o termo "rei". Este é un dos dous títulos gregos que tradicionalmente se traducen desta forma, o outro e basileo , que se traduce como soberano. Anax tradúcese máis axeitadamente coma "Rei Supremo".

Etimoloxía A palabra anax deriva de wanakt-''' (), e aparece na lingua micénica, escrito en Lineal B como . A digamma pronunciábase /w/ e esténdese moi cedo polos dialectos gregos do oeste (p.e. xónico).

O termo Anax n'A Ilíada utilízase para referirse a Agamenón (, "Comandante en Xefe") e a Príamo, reis que exercían o seu liderado por enriba doutros reis. Esta xerarquía pola que un "anax" exercía o poder sobre varios "basileos" locais fai referencia probablemente a unha organización política proto-feudal na idade de Bronce grega. A palabra do Lineal B , que significa "real", e a palabra grega (), que significa "palacio", teñen derivado de . Anax é tamén un epíteto cerimonial de Zeus ("Zeus Anax") no seu aspecto de Señor Supremo do Universo, incluíndo ao resto dos Deuses. A acepción de "rei" a partir do termo basileo na Grecia Clásica é debida ao troco terminolóxico que tivo lugar perante a Idade Escura Grega. En tempos micénicos, aparece para facer referencia a un oficial de baixa graduación, mentres que en Homero, Anax xa é un título arcaico, usado para heroes lendarios e deuses máis ca para reis contemporáneos.

Véxase tamén Bibliografía Palaima, Thomas G. (1995). "The Nature of the Mycenaean Wanax: Non-Indo-European Origins and Priestly Functions". In: Paul Rehak (Ed.), The Role of the Ruler in the Prehistoric Aegean (= Aegaeum 11), Liexa, pp. 119-139. Jean-Pierre Vernant,"Les Origines de la pensée grecque" ,(PUF, 1962) Naoko Yamagata: and in Homer,en The Classical Quarterly'' 47, 1997, páxs.1-14.

Ligazóns externas Markos Gavalas, MICÉNICO (Lineal B) - Dicionario en inglés (explorecrete.com)

Categoría:Títulos reais Categoría:Grecia antiga