O Beşiktaş Basketbol é un equipo de baloncesto turco que actualmente compite na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría deste deporte en Turquía, e na Eurocup. O equipo ten a súa sede en Istanbul e pertence á sociedade deportiva Beşiktaş Jimnastik Kulübü. Disputa os seus partidos no Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16.500 espectadores.
Historia A sección de baloncesto do club creouse en 1933, desaparecendo en 1936 para regresar en 1940. O seu maior éxito conseguiuno en 1975, gañando por primeira e única vez a Liga Turca. En 1988 descende a segunda división, mais recuperou a súa praza na primeira categoría ao ano seguinte. En 1997 volve descender, mais debido aos problemas económicos do equipo Yildrimspor, consegue manter a categoría.eurobasket.com BESIKTAS COLATURKA ISTANBUL basketball team history
Nos últimos anos, os seus mellores resultados obtívoos en 2005, cando chegou á final da liga, sendo derrotado polo Efes Pilsen S.K.,eurobasket.com TBL: Season 2004-2005 e en 2008, cando acabou líder da liga regular, caendo en semifinais finalmente ante o Turk Telecom.eurobasket.com TBL: Season 2007-2008
Palmarés Campeticións europeas EuroChallenge Campións (1): 2012
Competicións domésticas Liga De Turquía Campións (2): 1975, 2012 Subcampións (7): 1972, 1976, 1977, 1982, 1983, 2005, 2017 Copa Campións (1): 2012 Subcampións (3): 1971, 1973, 2011 Supercopa Campións (1): 2012 Subcampións (1): 1987
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Besiktas