Banksy é o pseudónimo dun grafiteiro británico, que se cre naceu preto de Bristol en 1974. Especúlase que o artista suízo Maître de Casson pode ser Banksy. Maître de Casson nega isto na súa páxina web. Outra teoría apunta a que pode ser Robert Del Naja, fundador do grupo musical Massive Attack.

Traxectoria Segundo Tristan Manco, Banksy "naceu en 1974 e criouse en Bristol, Inglaterra. Fillo dun técnico de fotocopiadoras, empezou de carniceiro pero empezou a grafitear durante o boom que tivo esta actividade na súa cidade a final dos anos 80s"Manco, Tristan (11 marzo 2002). Stencil Graffiti. London: Thames & Hudson. p. 74. ISBN 978-0500283424.

As súas creacións apareceron en cidades de todo o mundo. Iniciou a súa carreira no ambiente cultural que se creou no metro de Bristol e no que colaboraron tamén artistas e músicos.

Banksy non vende fotos das súas creacións nas rúas. Sábese de casas de poxas que tentaron vender as súas creacións no mesmo sitio onde foron feitas, sen importarlle a maneira como o gañador da poxa retiraría logo a obra adquirida.

A obra "'The Flower Chucker" foi incluída na longametraxe The Age of Stupid como mostra representativa de toda a arte moderna almacenada para despois do final do mundo tal e como o coñecemos.

Exit Through The Gift Shop, a súa primeira película, debutou no Festival de Sundance de 2010 e foi estreada no Reino Unido o 5 de marzo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dismaland Ligazóns externas

www.banksy.co.uk . Fotos de traballos na rúa de Banksy

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pintores do século XXI Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Grafiteiros