"Zero" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro sinxelo do seu álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness, publicado o 23 de abril de 1996. A portada é unha fotografía da moza de Billy Corgan nesa época, Yelena Yemchuk, que tamén dirixiu o videoclip.
Caras b A diferenza da maioría dos sinxelos, "Zero" foi publicada como un EP en incluía o tema "Pastichio Medley", un popurrí de partes de cancións das sesións do Mellon Collie... que na súa meirande parte non se editaron. O popurrí dura 23 minutos e ten máis de 70 cancións. O popurrí tamén ten fragmentos de temas que foron editados; O anaco da canción "Disconnected" é un riff dunha primeira versión de "The Aeroplane Flies High (Turns Left, Looks Right)" (orixinalmente cara b do sinxelo "Thirty-Three") é o riff chamado "Rachel" rematou sendo o tema do álbum "X.Y.U.". Finalmente, na reedición de 2012 de Mellon Collie aparecen varios temas do "Medley" publicados como versións completas.
O tema "Tribute to Johnny" é unha homenaxe instrumental ao guitarrista Johnny Winter.
Lista de cancións "Zero" – 2:39 "God" – 3:09 "Mouths of Babes" – 3:46 "Tribute to Johnny" (Corgan/James Iha) – 2:34 "Marquis in Spades" – 3:17 "Pennies" – 2:28 "Pastichio Medley" – 23:00
Notas
Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins