miniatura|250px|Ambiente nas rúas da cidade vella de Donostia durante a competición.

A Bandeira da Concha (en galego) ou Kontxako Bandera é unha competición de traiñeiras que se celebra os dous primeiros domingos de setembro na Baía da Concha, en Donostia (País Vasco). Celebrada dende 1879 na categoría masculina e dende 2008 en feminina.

Contexto Tamén chamada coloquialmente "a olimpíada do remo", é a regata de traiñeiras máis prestixiosa da tempada. Para os máis modestos, chegar á clasificatoria é todo un premio, mentres que para os denominados "galos", os equipos máis grandes, non clasificarse pode ser unha desgraza. Actualmente forma, xunto coa liga ACT/San Miguel e o Campionato de España, a tríade de competicións máis importantes desta especialidade náutica.

Modo de regata As regatas rémanse ao xeito tradicional, isto é, en 2 quendas de 4 traiñeiras cada unha, sobre tres millas náuticas e a dobre xornada, mais coa excepción de que se rema a unha soa ciaboga, e polo tanto só dous longos en lugar dos catro habituais. As balizas de saída/meta sitúanse preto da praia e as exteriores fora da baía.

Sete das embarcacións que compiten deben clasificarse nunha regata eliminatoria contra o reloxo que se celebra no mesmo campo de regatas o xoves inmediatamente anterior á primeira xornada. Para poder participar nesta regata clasificatoria deben ter sido invitados pola organización que fixa uns criterios para tal efecto. Nos últimos anos nos que a creación de ligas regulares dotou ao deporte do remo dunhas certas estruturas de competición, a organización da proba invita aos integrantes da liga ACT e aos mellores da Liga ARC e a Liga Galega de Traiñeiras, isto é, clubs de Galiza, Cantabria e Euskadi. A oitava embarcación debe ser o anfitrión e, polo tanto, un equipo donostiarra. Cando hai máis dun equipo donostiarra con traiñeira, a praza gáñase nunha regata clasificatoria contra o reloxo que se celebra durante a Semana Grande-Aste Nagusia.

Historia Exceptuando o período da guerra civil e algúns anos de finais do S. XIX e principios do XX coma no período de 1882 a 1888, 1902 a 1907 ou de 1912 a 1914, a regata vén celebrándose ininterrompidamente dende a súa creación en 1879.

Categoría feminina En setembro de 2008 organizouse a primeira Bandeira feminina da regata, á cal acudiron oito equipos: tres traiñeiras guipuscoanas: Guetaría-Zumaya, Hondarribia e Tolosa, a biscaína de Arkote-Dermitek, a cántabra de Astillero (que remou con rapazas deste club e reforzos de La Maruca e Colindres), unha selección de remeiras galegas que acudiu á cita baixo o nome de Galicia e dúas traiñeiras catalás: o Club de Rem Badalona e o Club de Rem Colera que paradoxalmente son os dous primeiros equipos que participan na Bandeira da Concha sen pertencer a ningunha comunidade autónoma do litoral Cantábrico nin de Galiza.

Todos estes equipos están formados por remeiras de varios clubs, xa que aínda que nas categorías inferiores dalgúns clubs hai maioría feminina, entre os remeiros sénior, as remeiras seguen en inferioridade numérica. A regata desenvólvese sobre 2 778 metros (1,5 millas náuticas), é dicir, a metade que a masculina, e a gañadora levouse a Bandeira e 4 000 €. A eliminatoria previa disputouse en modalidade contra o reloxo, e as catro primeiras clasificadas acudiron á final que se disputou unha hora antes que a regata masculina.

Palmarés masculino miniatura|320px|Os gañadores da bandeira de 2005 no porto. miniatura|200px|Imaxe da regata. EdiciónAnoTraiñeiraPatrón Século XIX I1879 Donostia Juan Cruz Carril II1880 Pasai San Pedro Sarria III1881 Hondarribia Leon Berrotaran -1882- IV1883 Donostia ? -1884- -1885- -1886- V1887 Donostia Jose Mari Iturriza -1888- VI1889 Donostia Luis Carril VII1890 Donostia Luis Carril VIII1891 Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko" IX1892 Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko" -1893- X1894 Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko" XI1895 Getaria Francisco Arregi XII1896 Getaria ? XIII1897 Donostia ? XIV1898 Ondarroa Manuel Beitia XV1899 Pasai San Pedro Lucas Iturralde XVI1900 Getaria Domingo Cobeñas Século XX XVII1901 Orio Manuel Olaizola -1902- XVIII1903 Getaria Francisco Arregi -1904- -1905- XIX1906 Pasai San Pedro Bixente Sarria -1907- -1908- XX1909 Orio Manuel Olaizola XXI1910 Orio Manuel Olaizola XXII1911 Getaria Francisco Arregi -1912- -1913- -1914- XXIII1915 Donostia Soterotxo Bakeriza XXIV1916 Orio Manuel Olaizola XXV1917 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXVI1918 Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko" XXVII1919 Orio Manuel Olaizola XXVIII1920 Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko" XXIX1921 La Unión (Pasaia) Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXX1922 Donostia Soterotxo Bakeriza XXXI1923 Orio Antonio Maria Uranga XXXII1924 Pasai Donibane Francisco Laboa "Matxet" XXXIII1925 Orio Antonio Maria Uranga XXXIV1926 Ondarroa Juan B. Beitia XXXV1927 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXXVI1928 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXXVII1929 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXXVIII1930 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XXXIX1931 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XL1932 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" XLI1933 Orio Domingo Mitxelena XLII1934 Orio Domingo Mitxelena XLIII1935 Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel" -1936- -1937- -1938- XLIV1939 Orio Antonio Maria Uranga XLV1940 Orio Jose Mari Urdangarin XLVI1941 Hondarribia Roman Agirre XLVII1942 Orio Domingo Mitxelena XLVIII1943 Hondarribia Pedro González XLIX1944 Orio Domingo Mitxelena L1945 Pedreña Jose Bedia LI1946 Pedreña Jose Bedia LII1947 Hondarribia Bernardo Elduaien LIII1948 Hondarribia Bernardo Elduaien LIV1949 Pedreña Jose Bedia LV1950 Donostia Antonio Korta "Pintxan" LVI1951 Orio Ignacio Sarasua LVII1952 Orio Ignacio Sarasua LVIII1953 Orio Ignacio Sarasua LIX1954 Iberia (Sestao) Jose A. Arraiz LX1955 Orio Ignacio Sarasua LXI1956 Pasai Donibane Jose Angel Lujanbio LXII1957 Aginaga Ramon Arreseigor LXIII1958 Orio Ignacio Sarasua LXIV1959 Iberia (Sestao) Manuel Arraiza LXV1960 Aginaga Klaudio Etxeberria "Gorria" LXVI1961 Pasai Donibane Bibiano Etxabe LXVII1962 Pasai Donibane Bibiano Etxabe LXVIII1963 Pasai Donibane Bibiano Etxabe LXIX1964 Orio Klaudio Etxeberria "Gorria" LXX1965 Hondarribia Jose Angel Lujanbio LXXI1966 Hondarribia Jose Angel Lujanbio LXXII1967 Hondarribia Jose Angel Lujanbio LXXIII1968 Hondarribia Jose Angel Lujanbio LXXIV1969 Lasarte Klaudio Etxeberria "Gorria" LXXV1970 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXVI1971 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXVII1972 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXVIII1973 Lasarte Antonio Oliden LXXIX1974 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXX1975 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXXII1977 Santurtzi Koldo Urtiaga LXXXIII1978 Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri" LXXXIV1979 Santurtzi Koldo Urtiaga LXXXV1980 Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri" LXXXVI1981 Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri" LXXXVII1982 Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri" LXXXVIII1983 Orio Juan Lizarralde "Altxerri" LXXXIX1984 Zumaia Klaudio Etxeberria "Gorria" XC1985 Santurtzi Jesus Fernández Cirilo "Roque" XCI1986 Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio XCII1987 Zumaia Edu Aristi XCIII1988 Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio XCIV1989 Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan XCV1990 Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio XCVI1991 Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan XCVII1992 Orio Jose Luis Korta XCVIII1993 Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan XCIX1994 Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan C1995 Donibaneko (Pasai Donibane) Juan Mari Lujanbio CI1996 Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki" CII1997 Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki" CIII1998 Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki" CIV1999 Koxtape (Pasai Donibane) Joseba Arbona CV2000 Orio Oskar Rodriguez Século XXI CVI2001 Castro Jose Luis Korta CVII2002 Castro Juan Mari Lujanbio CVIII2003 Astillero Izortz Zabala CIX2004 Astillero Izortz Zabala CX2005 Hondarribia (1) Joseba Amunarriz CXI2006 Castro Cristian Garma CXII2007 OrioIrakoitz Etxeberria CXIII2008 Castro Iker Gimeno CXIV2009 Kaiku (Sestao)Asier Zurinaga CXV 2010 Urdaibai (Bermeo)Asier Arego CXVI 2011 Urdaibai (Bermeo)Gorka Aranberri CXVII2012 Kaiku (Sestao) Cristian Garma CXVIII2013 Hondarribia Joseba Amunarriz CXIX 2014 Urdaibai (Bermeo)Gorka Aranberri CXX 2015 Urdaibai (Bermeo)Gorka Aranberri CXXI 2016 Urdaibai (Bermeo)Gorka Aranberri CXXII2017 OrioGorka Aranberri CXXIII2018 Hondarribia Joseba Amunarriz CXXIV2019 Hondarribia Joseba AmunarrizCXXV2020 HondarribiaJoseba Amunarriz

(1) A traiñeira que obtivo o mellor tempo foi a María de Pedreña, posteriormente descualificada por unha reclamación presentada por Orio. A posterior reclamación de Pedreña ante a xustiza ordinaria foi desestimada.La Bandera de La Concha de 2005 se quedará en Hondarribia, Diario Vasco, Consultado o 8 de Outubro de 2009

Palmarés por traiñeiras TraiñeiraBandeiras Orio 32 Pasajes de San Pedro 15 Donostia 14 Hondarribia 14 Pasai Donibane (Donibaneko) e (Koxtape) 10 Sestao (Kaiku) e (Iberia) 8 Guetaria 5 Bermeo (Urdaibai) 5 Castro Urdiales 4 Pedreña 3 Santurtzi 3 Lasarte (Michelin) 2 Ondárroa 2 Aguinaga 2 Zumaia 2 Astillero 2 Pasaia La Unión 1

Títulos por provincias ProvinciaBandeirasTraiñeiras 20px Guipúscoa 87 Orio 32, Pasajes de San Pedro 15, Donostia 14, Hondarribia 14, Guetaria 5, Lasarte 2, Aguinaga 2, Zumaia 2 e Pasajes La Unión 1 20px Biscaia 16 Sestao 7, Urdaibai 5, Santurtzi 3, Ondarroa 2 10 Castro Urdiales 4, Pedreña 3 e Astillero 2

Palmarés feminino EdiciónAnoTraiñeiraPatrona I2008 Galiza Laura HermoII2009 Rías Baixas Laura HermoIII2010 Rías Baixas Laura HermoIV2011 Rías Baixas Laura HermoV2012 Rías Baixas María GilVI2013 Zumaia Nagore OsoroVII2014 San Juan Nerea PerezVIII2015 San Juan Nerea PerezIX2016 San Juan Nerea PerezX2017 San Juan Nerea PerezXI2018 San Juan Nerea Perez, Izaro LestayoXII2019 Orio Nadeth AgirreXIII2020 OrioNadeth Agirre

Palmarés por traiñeiras femininas TraiñeiraBandeiras Rías Baixas e Galicia 5 San Juan 5 Orio 2 Zumaia 1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Bandeira da Concha Páxina sobre a bandeira Páxina sobre a competición

Categoría:Competicións de remo Categoría:Deporte en Donostia Categoría:Remo en España