Armando Hipólito Avellanet González, máis coñecido como Chucho Avellanet, nado en Mayagüez o 13 de agosto de 1941, é un cantante e actor portorriqueño de música latina. Cando mozo, participou do grupo musical La Juventud Canta, co cal recorreu boa parte de Latinoamérica, acadando grande éxito entre o público adolescente de México, Arxentina ou Venezuela.
Véxase tamén Ligazóns externas Discografía completa Vídeo do tema Mis noches sin ti, interpretado por Avellanet
Categoría:Músicos de Porto Rico Categoría:Nados en Mayagüez Categoría:Nados en 1941