A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito.
Características Érguese nunha zona da Terra Chá coñecida como A Balura, sobre o outeiro de Coto de Mato, que domina a pasaxe natural que comunica a comarca de Vilalba cos ríos Támoga e Miño, aproveitando un gran castro con catro grandes fosos. Na torre, resisitron durante 11 meses Costanza de Castro e mailo seu marido Fernán Ares de Saavedra o sitio de Diego López de Haro. A uns centos de metros está o pazo de Caldaloba, fundado en 1621 por Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro.
Diante da deterioración da estrutura da torre, a Deputación de Lugo anunciou en xullo de 2022, a compra da parcela na que se sitúa a parte mellor conservada da fortaleza e a intención de acadar a propiedade completa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Castelos de Galicia Certame de poesía Torre de Caldaloba
Ligazóns externas Web de Caldaloba
Caldaloba Categoría:Cospeito Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo Caldaloba