Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo dos Estados Unidos de 2005 amosan un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía Altitude: 12 metros. Latitude: 37º 48' N Lonxitude: 122º 15' O

Deportes Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Transporte público Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e o Canadá.

Cidades irmandadas Dalian (China) Fukuoka (Xapón) Nakhodka (Rusia) Ocho Ríos (Xamaica) Ulán Bátor (Mongolia) Sekondi-Takoradi (Ghana) Santiago de Cuba (Cuba) Agadir (Marrocos) Da Nang (Vietnam) Funchal (Portugal)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Medio dólar da Ponte da Baía de San Francisco-Oakland

Ligazóns externas

Categoría:Oakland Categoría:Cidades de California