miniatura|Casa na avenida da Mariña, A Coruña. miniatura|Corredor parcialmente pechado en Estevesiños, Monterrei. miniatura|Fragata HM Unicorn. Vista da popa coa súa pequena galería. miniatura|Praza Irmáns García Naveira, Betanzos. miniatura|Torre dos Moreno, Ribadeo. Galerías polícromas de ferro na arquitectura indiana. miniatura|Praza Maior, Celanova. Alternancia de balcóns, corredores e galerías. miniatura|Madeira, vidro e ferro nunha galería en Vila de Cruces miniatura|Galería de madeira en Arrasate, Guipúscoa. miniatura|Avenida da Mariña, A Coruña. As galerías traseiras son hoxe a fachada máis apreciada. miniatura|Casa Rey, Porta Real, A Coruña. A galería é asimilada polo Modernismo. miniatura|Praza de Armas, Ferrol. Galería de elementos prefabricados de aglomerado de cemento. miniatura|Avenida Linares Rivas, A Coruña. O uso mimético de materiais industriais estraga as proporcións.
Unha galería é un elemento construtivo e de composición arquitectónica, empregado en boa parte do norte peninsular, en especial na arquitectura galega dos séculos XIX e XX.As galerías só existen en Galicia, Asturias, algo en Cantabria e no País Vasco, e algúns conxuntos en Burgos e Vitoria, se ben con variacións nas formas e, sobre todo, nos materiais e no modo de execución. Na arquitectura burguesa residencial galega acadou o seu maior grao de desenvolvemento ao se converter nunha peza fundamental dos edificios de vivendas.
Antecedentes A solaina e o corredor
A galería é un elemento da arquitectura culta que se pode entender como resultado da evolución e a adaptación de varias solucións técnicas diferentes empregadas na construción de obxectos de diferente natureza, pero tamén como resultado da confluencia destas técnicas nun ambiente urbano caracterizado pola bonanza económica da clase dominante e pola intervención de técnicos de formación académica.
Por unha banda, na arquitectura tradicional galega están presentes certos elementos, como a solaina ou o corredor, que se poden considerar antecedentes da galería. A solaina, usualmente construída de pedra e sobre canzorros ou piares, percorre a fachada máis soleada da casa, albergando usos produtivos e outros non tanto. É abondosa nas áreas costeiras, especialmente nas casas máis ricas ou que querían aparentar selo, e constitúe o elemento máis representativo da casa e o seu espazo máis polivalente. Os corredores, pola contra, adoitan estar construídos con madeira, tamén sobre canzorros ou vigas voadas. Están cubertos pola prolongación do beiril do tellado. Empréganse máis nas áreas de montaña e nos climas máis continentais, mantendo a multifuncionalidade da solaina, pero non a súa riqueza estética. Considérase que a solaina e o corredor son o resultado da evolución do patín ou patiño, elemento exterior á casa, que consta de escaleira e patamal e que da acceso á vivenda, situada no primeiro andar da casa, sobre a corte.Caamaño Suárez, M. A casa popular. Museo do Pobo Galego, Fundación Caixa Galicia. A Coruña, 1999. ISBN 84-88508-19-0..
Xaquín Lorenzo explica que "[o corredor] serve para moitos usos que facilitan a vida no campo; neles ponse a secal-a roupa cando chove; alí maduran as primeiras espigas de millo, secan as fabas, consérvanse os cabazos... Serve de obradoiro pra arranxar ferramentas, pra fiaren as mulleres, pra enredaren os nenos... (...) E o corredor é tamén un elemento de outo valor estético: en moitos sitios unha videira plantada ó pe dun esteo rube por il e prende as súas varas por entre os balagustos do corredor, enchéndoo de verdor e enfeitizándoo cos seus acios".Lorenzo, X. Historia de Galicia. Ed. Nós. Buenos Aires, 1962.
A arquitectura naval Por outra banda hai que facer notar que era costume instalar nos castelos de popa dos barcos de guerra das potencias marítimas europeas un elemento chamado galería ou corredor, que era a prolongación da cuberta do alcázar. Aparece a partir do século XVI como balcón corrido de banda a banda, aberto e bordeado dunha regala, pensado para solaz dos oficiais ao mando. En ocasións nos seus extremos, a cada banda, atopábanse os chamados xardíns, pequenas cabinas que servían de retrete á oficialidade. A finais do século XVIII estas galerías péchanse e acristálanse con follas móbiles compostas de pequenas pezas de vidro, que constituían unha ou varias ordes de franxas fenestradas e ornamentadas.
Os elementos practicables da galería eran xanelas de guillotina compensada, popularizada nesa época na arquitectura inglesa (a coñecida como "sash-window"), francesa e neerlandesa. Este tipo de xanela contaba cuns mecanismos compostos de roldanas e contrapesos de chumbo, que permitían subir e baixar as follas móbiles sen grande esforzo, compensando os pesos das diferentes follas, e mesmo ocultalas no antepeito e no mainel. A presenza de carpinteiros ingleses nos estaleiros do Cantábrico (Zorrotza, Orio, Pasaia, Guarnizo...), e especialmente nos de Ferrol, tería posibilitado a importación destas sash-window e a súa posterior adopción pola arquitectura culta.Fernández Madrid, J. La galería en Galicia como elemento de la arquitectura del agua. Universidade da Coruña. A Coruña, 1992. ISBN 84-88301-55-3.
Condicionantes climáticos Galicia atópase nunha área climática oceánica, o cal provoca unha oscilación térmica escasa e a presenza máis ou menos constante de precipitacións ao longo de todo o ano. A distribución espacial de temperaturas e precipitacións segue un gradiente diferencial que diminúe a medida que se afasta da costa. A proximidade da corrente do Golfo e a influencia do anticiclón dos Azores son determinantes neste esquema climático.
O resultado é un hábitat suxeito a unha presenza constante de chuvias e ventos en áreas próximas á costa, que se distribúen ao longo do ano con intensidade desigual pero sen grandes variacións.
Aspectos técnicos No século XVIII, a transición dos tipos arquitectónicos tradicionais cara ao patrón burgués esixe unha maior compartimentación da vivenda. Esta división dos espazos crea tipos arquitectónicos que xorden como adaptación da vivenda entre medianeiras, nun esquema en planta lonxilíneo distribuído arredor de patios de luces. Esta distribución dá lugar a estancias carentes de fontes de calor e necesitadas dunha climatización forzada. As solucións arquitectónicas óptimas para estas necesidades de confort serán as que garantan ao mesmo tempo a estanquidade fronte ao exterior e a climatización pasiva, en especial a captación de calor solar.Fernández Martínez, P.P., Fernández-Cabrera Massé, M. A paisaxe construída. Deputación da Coruña. A Coruña, 2000.
Comportamento térmico A finalidade das galerías é proporcionar un illamento térmico que capte o escaso sol do inverno, á vez que capta as brisas frescas do verán. O funcionamento térmico da galería baséase en aproveitar as diferenzas de lonxitude de onda entre as radiacións recibidas do exterior e as emitidas polo edificio, xerando un efecto invernadoiro termicamente moi eficiente para a climatización do interior. O vidro é transparente á meirande parte das radiacións solares que quentan o edificio e opaco ás radiacións de onda longa que transmiten ao exterior as perdas de calor do edificio. O fluxo de enerxía de dentro a fora limítase, deste xeito, ao que ten lugar por convección a través do vidro, cuxa alta condutividade térmica non inverte un saldo final positivo para o edificio. A enerxía acumulada na masa pétrea dos muros é transmitida ao ar da galería e de aló ás estancias interiores da casa. A pesar de que as carpinterías empregadas non ofrecen unha grande estanquidade, a galería proporciona ademais unha moi boa protección fronte a chuvia e o vento, frecuentes nas zonas costeiras, pois ao crear unha cámara de descompresión intermedia entre o exterior e os espazos habitados amortece as correntes de ar e mantén a humidade afastada dos muros, igualando a presión de vapor coa da atmosfera interior e traballando case como unha fachada transventilada.Yáñez, G. Algunas consideraciones en torno a la arquitectura solar. Comunicación lida na Conferencia Internacional de Cooperación na Enerxía Solar. Madrid, 1974.
Requirimentos construtivos A progresiva aceptación e desenvolvemento da galería, non só como solución de cubrición de balcóns acristalados, senón xa como solución de peche para ocupar todo o ancho da fachada nos andares superiores das vivendas, relaciónase coa presenza de importantes fábricas de vidro plano que comezaron a traballar na Coruña nunha data sobre a que os diferentes autores non se poñen de acordo, pero que anda por volta do primeiro terzo do século XIX.Segundo Martínez Suárez, "Español y Compañía" instalouse en 1830; Meijide Pardo di que foi en 1827, pero non menciona o nome da compañía. En principio a produción estaba especializada na fabricación de botellas para a exportación de viños galegos e, máis adiante, de vidro cristal.Tettamancy y Gastón, F. Apuntes para la historia comercial de La Coruña. Tip. de El Noroeste. A Coruña, 1900. Ata entón, e a pesar de que a fábrica máis próxima estaba en Avilés, a meirande parte do vidro chegaba a Galicia de Alemaña, coa excepción do que outrora se importaba dende a fábrica de La Granja para consumo das instalacións militares de Ferrol.Meijide Pardo, A. La primera industria coruñesa del vidrio (1827-1850). Revista do Instituto José Cornide, nos. 10-11. A Coruña, 1974-75. As técnicas de fabricación esixían producir follas de vidro de reducida dimensión, e isto determinou o característico despece das xanelas en cuarteiróns.
Elementos compositivos Unha galería é un elemento acristalado de madeira, accesible e practicable, arrimado ao muro da fachada pola súa cara exterior, sen función sustentadora. A súa estrutura é do tipo coñecido como tramado lixeiro. A súa razón de ser é a de cualificar un espazo caracterizándoo e segregándoo. Costa dunha serie de elementos de dimensións e funcións estandarizadas:
Soleira. Patamal horizontal que voa a partir do muro, ben sobre canzorros ou ben sobre ménsulas corridas. Tramado. Barras de madeira de sección rectangular ensambladas entre si e fixadas á repisa e ao muro. Reciben diferente nome segundo a súa colocación e a súa función. Bastidores. Panos intermedios asentados sobre os montantes. O antepeito habitualmente é opaco ata media altura. A xanela de guillotina ten unha folla inferior corrediza e outra superior fixa. Os bastidores acristalados subdivídense mediante guillotes que adaptan a luz ás dimensións do vidro dispoñible. Non son frecuentes as xanelas de guillotina compensadas. Ferraxes. Pequenas pezas metálicas que permiten asir os bastidores ou mantelos alzados.
Os materiais empregados tradicionalmente na galería en Galicia son a madeira de castiñeiro, e máis raramente a de nogueira e a de carballo. Os vidros empregados tiñan entre 1,5 e 2 mm de grosor e dimensións inferiores a 30 cm, o que determina unha proporción de entre o 40 e o 50% de vidro sobre a superficie do pano de fachada.
Analogamente, e sobre todo fóra de Galicia, empréganse pezas de ferro colado que forman unha estrutura espacial que sustenta unha pel de vidro coa que se pechan balcóns e, en xeral, espazos intermedios entre o interior e o exterior. Suponse que este tipo de galerías é produto, por unha banda, das posibilidades técnicas que a metalurxia vasca ofrecía, e por outra, da moda da arquitectura de cristal que proviña das grandes capitais europeas. Este tipo de galerías adoitan buscar máis o efecto estético e non tanto o acondicionamento climático da casa, sobre todo pola imperfecta adecuación do ferro á súa función. Tamén hai que facer constar que nas áreas nas que a galería de ferro foi máis empregada as características climáticas non impoñen a necesidade de illamento fronte a ventos e chuvia constante que hai en Galicia.
Evolución histórica Contexto