O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.

O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.

O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas forestas, localizado entre 2°50′-3°20′ S e 37°0′-37°35′ E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial alemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.

Toponimia e etimoloxía dereita|miniatura|300px|Vista leste do Kilimanjaro. O nome empregado para designar a montaña no seu conxunto escríbese «Kilimanjaro», en galego e inglés, e «Kilimandjaro» en francés. Tamén é denominado, Ol Doinyo Oibor en maa, que significa 'montaña branca' ou 'montaña brillante'. O seu nome foi adoptado en 1860, e a súa orixe estaría no termo suahili Kilima Njaro.«Kilima-Njaro», The Nuttall Encyclopaedia (en inglés), 1907. O nome Kilimanjaro xa foi obxecto de temperáns estudos toponímicos, e o explorador e lingüista alemán Johann Ludwig Krapf consideraba que significaba a 'montaña do esplendor', sen máis explicacións. En 1884, Gustav Adolf Fischer, tamén explorador e naturalista alemán, afirmou que njaro era un demo do frío, unha idea compartida polo xeógrafo Hans Meyer durante a súa ascensión en 1889, mais o termo njaro só era coñecido polos habitantes da costa e non polos que vivían no interior, que ademais só crían en espíritos benfeitores. O explorador Joseph Thomson foi o primeiro en supoñer, en 1885, que significaba 'montaña brillante'. Para a explicación do significado de kilima hai moitas hipóteses, ningunha exenta de problemas, nas que se fai derivar de distintas palabras de diversos idiomas locais, ás veces con interferencias entre eles. Segundo unha hipótese, en suahili o diminutivo kilima significa 'outeiro' ou 'montaña pequena', pero esta hipótese non explicaría por que non se empregou no seu lugar a palabra mlima que significa 'montaña' (montaña grande, como é o Kilimanjaro), a menos que fose unha deformación ou un uso diminutivo por razóns afectivas. Njaro refírese á brancura, o reflexo en suahili. Por outra banda, na lingua maa, ngaro ou ngare designa a auga ou as fontes, mais jaro tamén pode designar, en kichagga, unha caravana; e unha teoría alternativa propón como orixe os termos kilmanare/kilemanjaare, kilelemanjaare ou mesmo kileajao/kilemanyaro, cuxo sentido é respectivamente 'que vence o paxaro' ou 'o leopardo' ou 'a caravana'. Non obstante, este nome non sería importado ata mediados do século XIX polos chagga, os cales o que adoitaban facer era nomear separadamente cada un dos cumios que coñecían que compoñen o conxunto do Kilimanjaro, polo que esta explicación sería anacrónica.

O Kilimanjaro componse de tres cimas ou picos principais: o Shira, o Mawenzi (en kichagga, Kimawenze ou Mavenge, que significa 'cumio dividido', cuxa aparencia sería obxecto dunha lenda local)Marie-Laure Montlahuc, Gérard Philippson, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 81-93 e Kibo (en kichagga, Kipoo ou Kiboo, que significa 'manchado', a causa dunha escura rocha que sobresae entre as neves perpetuas, tamén chamado Kyamwi, 'o luminoso'). Neste último está o punto culminante do conxunto, o pico Uhuru (en suahili, 'liberdade'). Anteriormente fora bautizado como Kaiser-Wilhelm-Spitze de 1889 a 1918, en honra a Guillerme II de Alemaña a consecuencia da colonización da África Oriental Alemá trala firma de varios tratados entre Carl Peters e os dirixentes locais, ata o traspaso de Tanganica baixo a administración do Reino Unido.

Xeografía Situación center|263pxcenter|313px Mapas topográficos de Tanzania (á esquerda) e do Kilimanjaro e o monte Meru (á dereita). miniatura|Imaxe do Kilimanjaro tomada dende o satélite Landsat 7. O Kilimanjaro elévase no nordeste de Tanzania a 5 891,8 m de altitude segundo medidas realizadas en 2008 por posición GPS e gravimetría, e que corrixen a cifra de 5 895 m obtida en 1952 por un equipo británico. A súa altitude, que foi obxecto de distintas medicións dende 1889 (con resultados que variaban ata en cen metros), convérteo no punto máis elevado de África, polo que forma parte dos denominados «Sete Cumios». Encóntrase situado preto da fronteira de Tanzania con Kenya, que pasa ao pé das vertentes norte e leste da montaña. Emerxe só da sabana que o rodea, sobresaíndo cun desnivel de 4 800 a 5 200 m, o que a converte tamén na montaña illada máis alta do mundo. Cobre unha superficie de 388 500 ha.

A montaña é un complexo volcánico de forma oval de 70 km de noroeste a sueste, por 50 km de nordeste a suroeste, e encóntrase a 340 km ao sur do ecuador. O monte Meru encóntrase a 75 km ao suroeste e o monte Kenya, o segundo cumio máis alto de África, a 300 km ao norte. A cidade máis próxima, Moshi, está situada en Tanzania, ao sur da montaña, e constitúe o principal punto de partida para a súa ascensión. O aeroporto internacional do Kilimanjaro, en servizo dende 1971, está situado a 50 km ao suroeste da montaña, comunica toda a rexión e os seus parques. Dodoma, a capital actual, e Dar es Salaam, a capital antiga, encóntranse a 380 km ao suroeste e a 450 km ao sueste respectivamente, mentres que Nairobi, en Kenya, está situada a 200 km ao nor-noroeste. A costa do océano Índico encóntrase a unha distancia de 270 km ao leste (pero, a pesar da distancia, con condicións climáticas favorables pódese ver o océano dende o cumio).

Administrativamente, a montaña forma parte da rexión do Kilimanjaro, a cabalo entre os distritos de Hai, Moshi Rural e Rombo, onde se atopa o punto máis elevado e a maior parte da montaña. Está incluído totalmente no Parque Nacional do Kilimanjaro.

Topografía miniatura|upright=1.3|O Kilimanjaro está formado polo Shira (esquerda), o Kibo (centro) e o Mawenzi (dereita). miniatura|Imaxe de satélite da parte superior do Kibo, mostrando os principais glaciares, vales e picos. O Kilimanjaro é un estratovolcán de forma xeral cónica. Componse de tres picos que son tamén volcáns extintos: o Shira, no oeste, de 3 962 metros de altitude; o Kibo, no centro, de 5 891,8 m; e o Mawenzi, no leste, de 5 149 m.

O Kivo está coroado na cima cunha caldeira elíptica, de 2,4 km de longo e 3,6 km de ancho, pechando un cráter chamado cráter Reusch, de 900 m de diámetro, en cuxo centro se encontra un cono de cinza, de 200 m de diámetro, denominado Ash Pit. O cumio principal, na marxe meridional do seu cráter externo, chámase pico Uhuru; outros puntos notables do Kibo son o Cono Interior, a 5835 m altitude; o punto Hans Meyer, o punto Gilman, o punto Leopardo e a brecha de Yohanas, bautizada así en honra ao guía que acompañou a primeira ascensión da montaña. No suroeste do cume, un gran corremento de terra deu a luz, hai uns 100 000 anos, á abertura occidental (Western Breach) que domina o val Barranco (Barranco Valley).

En ocasións considérase ao Mawenzi como o terceiro pico máis alto do continente africano, despois do monte Kenya. Está moi erosionado e actualmente ten a aparencia dun dique no que destacan o pico Hans Meyer, o pico Purtscheller, o pico Sur e o pico Nordecke. Na súa base, parten varios barrancos cara ao leste, sobre todo o Gran Barranco (Great Barranco) e o Barranco Menor (Lesser Barranco). The Saddle (en galego, a sela), é unha meseta de 3 600 ha localizada entre o Mawenzi e o Kibo.

O Shira, no que destaca o punto Johnsell, está constituído por un semicráter deformado do que non quedan máis que as marxes sur e oeste. No nordeste do mesmo, sobre unhas 6 200 ha, a montaña presenta unha superficie en forma de placa. A ambos os lados destes tres picos hai cerca de 250 conos satélites, situados nun eixe noroeste/sueste.

Hidroloxía miniatura|esquerda|Vista aérea da vertente occidental do Kibo cos glaciares e a dobre caldeira volcánica da cima. O casquete glaciar do Kilimanjaro encóntrase confinado no Kibo; no ano 2003 cubría unha superficie de dous quilómetros cadrados. Está constituído polo graciar Furtwängler no cumio, os glaciares Drygalski, Great Penck, Little Penck, Pengalski, Lörtscher Notch e Credner a nivel do campo de xeo norte (en inglés Northern Icefield), os glaciares Barranco (o Little e Big Breach), Arrow e Uhlig ao oeste, Balletto, Diamond, Heim, Kersten, Decken, Rebmann e Ratzel a nivel do campo de xeo sur (Southern Icefield) e finalmente o campo de xeo leste (Eastern Icefield). A variabilidade xeográfica das precipitacións e da insolación explica a diferenza de tamaño entre os diferentes campos de xeo.Simon Pomel, Guilène Réaud-Thomas, Kilimandjaro : montagne, mémoire, modernité, op. cit., pp. 58-64

miniatura|Imaxes que ilustran a regresión da neve e os glaciares no cumio do Kilimanjaro entre o 17 de febreiro de 1993 (arriba) e o 21 de febreiro de 2000 (abaixo). Este casquete glaciar era claramente visible noutros tempos, mais estase a reducir de xeito drástico. Cubría unha superficie de 12,1 km² en 1912, 6,7 km² en 1953, 4,2 km² en 1976 e 3,3 km² en 1996. Durante o século XX, perdeu o 82% da súa superficie, uns dezasete metros de espesor de media entre 1962 e 2000. Cada vez é máis tenue e, de persistir as actuais condicións climatolóxicas, calcúlase que desaparecerá totalmente cara ao ano 2020 segundo expertos da NASA e o paleoclimatólogo Lonnie Thompson, profesor da Universidade Estatal de Ohio, ou 2040 segundo un equipo científico austríaco da Universidade de Innsbruck, ou ata 2050 segundo a Academia de Ciencias de California. O xeo dalgunhas vertentes podería perdurar uns anos máis debido a diferentes condicións climáticas locais. A situación actual sería comparable á existente hai 11 000 anos, de acordo cos resultados das extraccións de diversos núcleos de xeo.

miniatura|esquerda|Característico aspecto con paredes de marxes verticais do xeo do cumio do Kilimanjaro.