Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 2019, foi un arquitecto galego, recoñecido como a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega da segunda metade do século XX. A súa obra, funcionalista, relaciónase coa de Ludwig Mies van der Rohe.Enciclopedia Galega Universal.

Traxectoria miniatura|Marineda Motor na Avda. Alfonso Molina da Coruña. Fillo dun enxeñeiro militar, fixo o bacharelato na súa cidade natal. Estudou dous anos de violín. Fixo dous cursos de Ciencias Exactas en Santiago de Compostela . En 1955, foi pensionado cunha bolsa de estudos de artes plásticas, facendo acuarelas, viaxou por Italia, percorrendo Venecia, Roma, Florencia e Asís. Preparou o ingreso na universidade no Colexio Maior Ximénez de Cisneros, onde coincidiu con Eduardo Chillida. Doutorouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) en 1956, onde coñeceu a Miguel Fisac, Ramón Vázquez Molezún, José Antonio Corrales, Carlos Meijide, Alberto Noguerol, Javier Carvajal Ferrer e Rafael de la Hoz Arderius.

Foi profesor emérito da Universidade da Coruña, onde exerceu como docente dende 1978.Colegio Libre de Eméritos . Ditou cursos de doutoramento e seminarios sobre: "Hecho Proyectual, Relaciones de las Bellas Artes y la Arquitectura" e "Construcción, Arquitectura, Música" en España e o Brasil.

Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1977).Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia En 1999 foi escollido académico de número da Real Academia Galega, pronunciando o discurso "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura", que foi respondido por Carlos Casares."Significante y significado. Linguaxe e arquitectura " Así mesmo, foi tesoureiro da mesma institución de finais de 2001 a finais de 2009.Real Academia Galega Foi membro da Real Academia Galega de Ciencias, académico de honra da Real Academia Galega de Belas ArtesRelación de académicos Real Academia Galega de Belas Artes. e académico de número e supernumerario da Real Academia de Doutores de España, na que ingresou co discurso "Música y arquitectura".Real Academia de Doutores de España .

Foi, tamén, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, membro e presidente de honra do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, no que ingresou en 1968 co discurso "La ciudad de las rías",Membros de honra Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. membro do padroado do Museo do Pobo Galego e membro do Padroado Rosalía de Castro. miniatura|Estadio de San Lázaro.

O seu gran proxecto: A Cidade das Rías No ano 1968, Fernández-Albalat presenta á Deputación da Coruña un proxecto para a organización urbana entre as cidades da Coruña e de Ferrol, posto que os estudos daquela prognosticaban que A Coruña chegaría ao millón de habitantes para o ano 2000. Por iso a arquitecto coruñés ideou unha sorte de área metropolitana Coruña-Ferrol, algo moi avanzado para a época.

O proxecto consistía en que, ao non ter A Coruña espazo para a súa expansión dentro dos seus termos municipais, e dado o extraordinario crecemento demográfico e industrial de Ferrol, a idea era facer unha cidade entre ambas zonas urbanas, arredor da ría de Betanzos e da ría de Ares, nos concellos de Sada, Bergondo, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene e Ares, unindo cunha ponte Sada e Pontedeume, facendo unha estrada directa que fose de Ferrol á Coruña. A nova cidade, nomeada polo arquitecto como "Cidade das Rías", ía contar cunha poboación de 600.000 habitantes, distribuídos en zonas de 25.000 habitantes e estas en tres barrios cada unha duns 8.000 habitantes. Os barrios e zonas (unión de tres barrios) contarían co básico, tendas, supermercado, escola e instituto, igrexa, polideportivo etc.; é dicir, Albalat non busca crear unha cidade xardín para A Coruña e Ferrol, senón unir ámbalas dúas urbes mediante un tecido urbano completo, respectuoso coa natureza e o contorno e localizado nos mellores puntos xeográficos para a súa comodidade e eficiencia. A Deputación da Coruña rapidamente fixo caso ao proxecto coa intención de poñelo en marcha, máis finalmente non obtivo o apoio das corporacións municipais, en concreto a do Concello de Ferrol, que vía con moita reticencia ese proxecto ao pensar que suporía quedar subordinados á cidade da Coruña e perder a súa autonomía e identidade, postura apoiada polo crecemento demográfico e industrial ferrolán que parecía non decaer, así que a Deputación deixouno no caixón sen facerlle caso.

Obras miniatura|Fábrica de Begano en Penarredonda, A Coruña. Edificio da SEAT na Coruña (1963). Fábrica de Begano-Coca Cola na Coruña (1963–1965). Convento dos Padres Pasionistas en Santa Xema, A Coruña (1965). Sede da Sociedad Recreativa Hípica na Coruña (1966–1967). Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Sargadelos, Cervo (1967). Vivendas para pescadores en Fontán (1967). A fábrica de Sargadelos en Cervo (1968). Rehabilitación da Casa Museo Rosalía de Castro (1971). Rehabilitación da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán como sede da RAG. Sede de La Sociedad de Sada (1975). Centro de Servizos Informáticos de Abanca."Centro de Servizos Informáticos de Abanca" en Turismo.gal. en Pocomaco (1975–1983). Vivenda unifamiliar en Montecelo, Bergondo (1976). Facultades de Matemáticas e Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1978). Piscina cuberta de Santa Isabel en Santiago de Compostela (1982). Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Conservatorio da Coruña (1985). Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (1993). Estadio Multiúsos de San Lázaro (1993). Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Rehabilitación do Castelo de Monterrei (1996).

Recoñecementos Medalla Castelao en 1994. Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en 2007.[http://arquitecturahoy.com/1007-arquitectura/andres-fernandez-albalat-recibio--medalla-de-oro-de-la-universidad-de-coruna.html Andrés Fernández Albalat recibió Medalla de Oro de la Universidad de Coruña] , outubro de 2007, ArquitecturaHoy.com . Premio ARQano en 2008 dos Colexios de Arquitectos do Noroeste á traxectoria profesional.Los arquitectos premian al coruñés Fernández Albalat por su carrera, 14/2/2008, La Opinión A Coruña . Premio 2012 á traxectoria profesional do COAG. Fillo predilecto da cidade na Coruña en 2020. Foi membro da RAG, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses –do que foi director–, e da Real Academia Galega de Belas Artes (membro honorario) e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (correspondente).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Texto e fotografías de Andrés Fernández-Albalat Lois.

Transcrición de tres conferencias impartidas na Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra.

Outros artigos Laboratorio de Formas Ediciós do Castro

Ligazóns externas 15px Galegos Televisión de Galicia, 17/5/2014. Vídeo de entrevista en edicions-espontaneas.com 23/2/2009. "Fernández-Albalat: "Es bastante alarmante que los arquitectos que salen siempre en los medios no sean los mejores"" Entrevista en unav.es por Javier Echávarri .

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2019 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando