Xosé Bar Boo, nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994, foi un arquitecto galego.Necrolóxica, por Xosé María Palmeiro. El País, 24 de febreiro de 1994 (consultado o 23 de marzo de 2010).
Era fillo do futbolista Pepe Bar e irmán do actor Luis Bar Boo. miniatura|Policlínico Cíes, 1967 (o prisma da esquerda é un engadido posterior). Traxectoria Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960. En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. En 1957 deseñou para a súa familia o edificio Plastibar, considerado unha icona da arquitectura moderna de Galicia. Bar Boo residiu no edificio ata o seu pasamento. Na súa obra destaca o uso da pedra, especialmente as pezas de granito que habitualmente só se empregaban para realizar peches en leiras.
En 1973 foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi decano entre os anos 1977 e 1979,Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. miniatura|Edificio Plaza de Compostela (1963). Foi activista pola protección do medio ambiente, e en 1974 foi un dos fundadores de ADEGA.
Vida persoal A súa parella, Macamen Blanco, fundou a asociación Alecrín e a primeira casa de Vigo para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Obras Edificio Plastibar en Vigo, antiga sede da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na cidade olívica (1957).Vídeo sobre o edificio en YouTube. Edificio Plaza de Compostela (1963), na Praza de Compostela de Vigo. Vivenda Vázquez (1963), Vigo. Praza de abastos de Gondomar (1964). Complexo de 5 Edificios de Vivendas no barrio de Campolongo de Pontevedra (1965- 1969). Policlínico Cíes en Vigo (1967).Artigo sobre o Policlínico Cíes, 20 minutos, 3 de xullo de 2006 (consultado o 23 de marzo de 2010). Igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves en Teis, Vigo (1968). Edificio de vivendas na Illa de Toralla. Praza de abastos do Porriño (1970). Edificio Vicente Suárez na rúa García Olloqui de Vigo (1972). Nova sede para os Xulgados da Coruña (1991).Galicia 25 anos, Consello da Cultura Galega. Casa Gerardo Martín, rúa Doutor Corbal 65 de Teis, Vigo.
Recoñecementos Obtivo o Premio da Crítica Galicia no ano 1981 e o Concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo" por Xan Casabella López, ETSAC, n.º 4 1986, ISSN: 0213-3474. Notas al artículo "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo"... por Xosé Bar Boo, ETSAC, n.º 6 1987, ISSN: 0213-3474 .
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Profesores da Universidade da Coruña