Os galiformes (Galliformes), comunmente chamados galináceas, constitúen unha orde de aves neognatas que abrangue 283 especies.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Características Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

Taxonomía Descrición A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.Order Galliformes Temminck 1820 en Fossilworks.

Etimoloxía O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Familias e subfamilias

Segundo as clasificacións de Clements, e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),IOC World Bird List. Version 8.2 a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Familia megapodíidos (Megapodiidae) - 22 especies Familia crácidos (Cracidae) - 55 especies Subfamilia cracinos (Cracinae) Subfamilia penelopinos (Penelopinae) Familia fasiánidos (Phasianidae) Subfamilia meleagridinos (Meleagridinae) - 2 especies Subfamilia fasianinos (Phasianinae) - 52 especies Subfamilia perdicinos (Perdicinae) - 113 especies Subfamilia tetraoninos (Tetraoninae) - 19 especies Familia odontofóridos (Odontophoridae) - 34 especies Subfamilia odontoforinos (Odontophorinae) - 32 especies Subfamilia ptilopaquinos (Ptilopachinae) - 2 especies

Filoxenia Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En: Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes . Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018. Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves . Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.

Outros artigos Aves

Ligazóns externas Gallliformes na ADW . Gallliformes na EOL . The World Pheasant Association – The ultimate authority on Galliformes . Galiformes – Conservación e avicultura .