Non confundir con Team Lotus, anteriormente chamado Lotus Racing, propiedade de Tony Fernandes. Non confundir con Lotus Renault GP nome comercial do equipo de Fórmula 1 Renault F1 Team en . Non confundir con Lotus F1, o equipo propiedade de Genii Capital que corre desde .

Team Lotus foi o equipo de competición asociado ao fabricante inglés de vehículos deportivos Lotus Cars. O equipo correu en moitas categorías, tales como a Fórmula 1, Fórmula 2, Fórmula Ford, Fórmula Júnior ou as IndyCar Series. Vinte anos despois da súa última carreira, o equipo Lotus é aínda un dos equipos de Fórmula 1 máis exitosos de todos os tempos, gañando sete campionatos de construtores na Fórmula 1, seis campionatos de pilotos, e as 500 millas de Indianápolis nos Estados Unidos en 1962 e 1978. Baixo a guía do seu fundador e deseñador xefe Colin Chapman, Lotus foi responsable de numerosos desenvolvementos innovadores e experimentais nos monoprazas, tanto en canto a aspectos técnicos como comerciais. En total, Lotus gañou 79 grandes premios.

Varios pilotos pereceron en vehículos Lotus, e considérase que a responsabilidade diso estaba na política de Chapman de construír vehículos que só tiñan que durar ata chegar á meta, todo o demais era considerado superfluo.

O nome de Lotus volveu á Fórmula Un en , co nome de Lotus Racing, equipo propiedade de Tony Fernandes. En , as icónicas cores negra e ouro do Team Lotus volveron á F1 como a librea do equipo Lotus Renault GP, patrocinado por Lotus Cars, e en o equipo foi rebautizado por completo, como Lotus F1 Team.

Historia

1950 - As orixes de Lotus Colin Chapman fundou Lotus Engineering Ltd en 1952 en Hornsey, Reino Unido. Lotus logrou un éxito rápido cos Mc 6 en 1953 e os Mk 8 en 1954 nas carreiras de automobilismo deportivo. Team Lotus separouse de Lotus Engineering en 1954. Un novo regulamento da Fórmula Dúas foi anunciado para 1957, e en Gran Bretaña, varios organizadores correron carreiras cos novos regulamento no transcurso de 1956. A maioría dos coches que participaron ese ano eran coches deportivos, incluíndo un gran número de Lotus 11, con motor Coventry Climax, liderados polo equipo Lotus de Chapman e pilotados por Cliff Allison e Reg Bicknell. miniatura|left | Un Lotus MkIX de 1955 miniatura|left | Coches Lotus Eleven para as 24 horas de Le Mans, 1956

O ano seguinte, apareceu o Lotus 12. Pilotando un en 1958, Allison gañou a clase F2 no Trofeo Internacional en Silverstone, superando ao Cooper de Stuart Lewis-Evans. O notable motor Climax Coventry foi utilizado no Tipo 14, unha versión de produción do Lotus Elite, logrou seis vitorias de clase, máis o "Index of Performance" varias veces na carreira das 24 Horas de Le Mans.

Como os motores Coventry Climax ampliáronse en 1952 a 2´2 litros, Chapman decidiu entrar nas carreiras de Gran Premio, presentou un par de Lotus 12 en Mónaco en 1958 para Graham Hill e Cliff Allison. Estes foron substituídos máis tarde ese ano polos Lotus 16.

En 1959, momento no cal os motores de Coventry Climax aumentaron ata 2´5 litros, Chapman continuou cos coches de F1 con motor dianteiro, pero con escasos resultados, polo que en 1960 Chapman trocou para o motor central nos Lotus 18. Para entón, o éxito da empresa causara a necesidade de expandirse ata o punto de que tivo que trasladarse a un novo local en Cheshunt.

Dominio en 1960 e 1970 A primeira vitoria na Fórmula Un para o equipo Lotus chegou cando Innes Ireland gañou o Gran Premio dos Estados Unidos de 1961. Un ano antes, Stirling Moss acadara a primeira vitoria dun coche de Lotus en Mónaco no seu Lotus 18 lograda polo independente Rob Walker Racing Team .

Houbo éxitos en Fórmula 2 e Fórmula Júnior. O negocio de automóbiles de estrada marchaba ben co Lotus Seven e o Lotus Elite e foron seguidos polo Lotus Elan en 1962. Viñeron máis éxitos nas carreiras co 26R, a versión de carreiras do Elan, e en 1963 co Lotus Cortina, que Jack Sears levou a conseguir o título do British Touring Car Championship, unha fazaña repetida por Jim Clark en 1964. left |miniatura| Lotus 49 left |miniatura| Lotus 77 En Clark pilotou o Lotus 25 para conseguir sete vitorias nunha tempada e gañar o Campionato do Mundo. O título de seguía sendo posible na última carreira en México, pero os problemas do Lotus de Clark e do BRM de Hill déronllo a Surtees no seu Ferrari. Pero, en , Clark dominou de novo, seis vitorias no seu Lotus 33 déronlle o campionato.

Aínda que eran moi innovadores, Chapman foi obxecto de críticas pola fraxilidade estrutural dos seus deseños. A cantidade de grandes pilotos gravemente feridos ou mortos nos coches de Lotus foi considerable, Stirling Moss, Alan Stacey, Mike Taylor, Jim Clark, Mike Spence, Bobby Marshman, Graham Hill, Jochen Rindt e Ronnie Peterson. No libro de Dave Friedman "Indianapolis Memories 1961–1969", Dan Gurney é citado dicindo, "Eu creo que o xeito de facer as cousas de Lotus era bo? Non. Tivemos varias fallas estruturais nos coches [Indianápolis Lotus 34 e 38]. Pero nese momento, sentín que era o prezo que pagou por conseguir algo moito mellor".

Cando o tamaño do motor da Fórmula Un aumentou a tres litros en , Lotus estaba preparado en parte debido ao sorprendente fracaso do proxecto Coventry Climax 1.5-Litre FWMW Flat-16, o que impediu a Climax o desenvolvemento dun sucesor de 3 litros. Comezaron a tempada co motor de dous litros Coventry-Climax FWMV V8 apresuradamente preparado e non competitivo, cambiaron á BRM H16 no Gran Premio de Italia, pero o novo motor demostrou sobre peso e pouca fiabilidade. Un novo cambio ao Ford Cosworth DFV, deseñado polo ex empregado de Lotus Keith Duckworth en levou ao equipo de regreso á senda do triunfo.

Malia que non puido gañar o título en 1967, ao final da tempada, o Lotus 49, e o motor DFV eran o suficientemente maduros como para facer que o equipo Lotus dominara de novo. pero, para Lotus perdera o seu dereito exclusivo a utilizar o DFV. O Gran Premio de Suráfrica de 1968 o primeiro da tempada confirmou a superioridade de Lotus, con Jim Clark e Graham Hill terminando 1º e 2º. Sería a última vitoria de Clark. O 7 de abril de 1968, Clark, un dos pilotos máis exitosos e populares de todos os tempos, morreu pilotando un Lotus 48 en Hockenheim nunha carreira de Fórmula 2 fóra de campionato. A tempada viu a introdución das ás como se viu anteriormente en varios coches, incluíndo os automóbiles deportivos Chaparral. Colin Chapman presentou modestas aletas dianteiras e un alerón no Lotus 49B de Hill en Mónaco. Graham Hill gañou o Campionato do Mundo de F1 en 1968 pilotando o Lotus 49.

Case ao mesmo tempo, Chapman trasladou a Lotus dentro de Hethel en Norfolk. Construíron unha nova fábrica no sitio, na antiga base de bombardeiros de RAF Hethel, e as antigas pistas de aterraxe convertéronse nun centro de probas. As oficinas e estudos de deseño instaláronse no achegado Ketteringham Hall, que se converteu na sede dos dous, tanto de Team Lotus como de Lotus Cars. As probas adicionais de automóbiles levábanse a cabo en Snetterton, a poucas millas de Hethel.

En , o equipo pasou moito tempo experimentando cun coche alimentado cunha turbina de gas, e, logo de catro carreiras en mollado, en 1968, con catro rodas motrices. Ambos tiveron éxito, sobre todo porque as carreiras foron en seco. Eles crearon un coche novo e revolucionario en 1970, o Lotus 72 en forma de cuña.

O novo Lotus 72 era un coche moi innovador, ofrecía suspensión con barra de torsión, radiadores montados nos lados, freos dianteiros intraborda e un á en saínte traseiro. O 72 orixinalmente tiñan problemas de suspensión, e Jochen Rindt logrou unha afortunada vitoria en Mónaco no vello 49 cando Jack Brabham estrelouse na última volta cando lideraba. Pero cando arranxaron os problemas da suspensión, o coche mostrou rapidamente a súa superioridade e Rindt dominou o campionato ata que morreu en Monza cando o eixo do freo rompeuse. Rindt comezara só recentemente a levar un arnés de ombreiro, pero negouse a levar correas de entreperna porque sentía que frearían a súa saída do coche en caso de incendio. Cando o auto chocou contra a barreira de fronte, Rindt esbarrou cara a adiante e o cinto de colo inflixiu feridas fatais na cabeza e o pescozo.

O resto da tempada 1970 foi infartante, con Ferrari pechando a vantaxe do indefenso Rindt. Unha brillante vitoria no Gran Premio dos Estados Unidos do piloto novato Emerson Fittipaldi, que fixera o seu debut no GP de Gran Bretaña nun 49, selou o campionato para Rindt, que se converteu no único piloto na historia en gañar o campionato do mundo a título póstumo.

En os experimentos de Lotus non trouxeron ningún avance serio na tecnoloxía, pero permitiron a Chapman probar varios pilotos. Para , o equipo centrouse de novo no chasis do tipo 72, Imperial Tobacco continuo o seu patrocinio do equipo baixo a súa nova marca John Player Special. Os coches, que agora son coñecido como 'JPS', presentaron unha nova librea negra e ouro, considerada fermosa por moitos, pero ataúdes por outros. Lotus logrou o campionato por sorpresa en 1972, co piloto brasileiro Emerson Fittipaldi, de 25 anos de idade, que foi no seu momento o campión do mundo máis novo, unha distinción que ocupou ata 2005, cando Fernando Alonso con 24 anos de idade tomou o galardón. Team Lotus tamén gañou o Campionato Mundial de construtores por sexta vez no ano . Logo, o 72 quedou obsoleto, mentres que os modelos sucesores, como o Lotus 76 foron decepcionantes.

O primeiro coche de Fórmula Ford foi construído ao redor dun Fórmula 3 Lotus, o Tipo 51.

Chapman tamén tivo éxito en Indianápolis co Lotus 29, case gaña as 500 Millas no seu primeiro intento en 1963 con Clark ao volante. A carreira marcou o comezo do fin para os vellos roadsters de Indianápolis con motor dianteiro. Clark era líder cando se retirou da carreira de 1964 cun fallo na suspensión, pero en 1965, gañou o premio máis grande nas carreiras dos Estados Unidos ao volante do seu Lotus 38 e gañar por unha volta; foi o primeiro coche con motor central que gañou as 500 Millas de Indianapolis.

Moitos dos éxitos de Chapman viñeron da innovación. O Lotus 25 foi o primeiro chasis monocasco na F1, o 49 foi o primeiro coche da nota a utilizar o motor como membro estrutural, o Lotus 56 Indycar foi impulsado por un motor con turbina de gas e foi equipado con tracción as catro rodas, o Lotus 63 foi o primeiro coche de F1 con motor central para competir con tracción nas catro rodas, e o 72 abriu novos camiños na aerodinámica. Chapman foi tamén un innovador como xefe de equipo. En 1968, a FIA decidiu permitir patrocinio logo da retirada do apoio das empresas relacionados co automóbil, como BP, Shell e Firestone. En abril, o equipo Lotus foi o primeiro dos grandes equipos en tomar vantaxe disto, no Tipo 48 F2 de Clark aparece en Hockenheim cas cores vermello, ouro e branco da marca Gold Leaf de Imperial Tobacco.

Team Lotus foi o primeiro en conseguir 50 vitorias en Grandes Premios. (Ferrari foi o segundo equipo en facelo, logo de gañar a súa primeira carreira de Fórmula Un en 1951, sete anos antes de que o primeiro coche de Lotus F1.)