Josh Powell, nado o 25 de xaneiro de 1983 en Charleston, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.
Carreira Procedente da Universidade de North Carolina State, Powell non foi elixido no draft, mais asinou como axente libre por Dallas Mavericks. No seu ano "senior" universitario, tivo unha media de 12,4 puntos e 5,2 asistencias. A comezos da tempada 2005−06, Powell tívose que marchar a xogar á NBDL xa que na NBA só xogaba nos minutos nos que o partido estaba decidido, os chamados "minutos do lixo". Con todo, comezou a xogar máis tras as lesións de Josh Howard e Keith Van Horn, xa que a estrela Dirk Nowitzki necesitaba axuda dos seus compañeiros. O 23 de xullo de 2006 foi traspasado a Indiana Pacers xunto con Darrell Armstrong e Rawle Marshall a cambio de Anthony Johnson.
A súa estancia en Indiana durou pouco, xa que o 17 de xaneiro de 2007 foi enviado a Golden State Warriors cos seus compañeiros Stephen Jackson, Šarūnas Jasikevičius e Al Harrington por Troy Murphy, Mike Dunleavy, Jr., Ike Diogu e Keith McLeod. Ao ano seguinte xogou cos Clippers. Posteriormente, o 14 de agosto de 2008 asinou como axente libre por Los Angeles Lakers,Lakers Sign Josh Powell cos que gañou dous aneis de campión. O 26 de xullo de 2010 asinou un contrato cos Atlanta Hawks por un ano e 1,1 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com ESPN.com - Josh Powell
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Charleston, Carolina do Sur Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Scafati Basket Categoría:Xogadores do Juvecaserta Basket Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Brujos de Guayama Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sydney Kings