Motacilla é un xénero de aves paseriformes, que é o tipo da familia dos motacílidos.

Estes paxaros son coñecidos popularmente en Galicia como lavandeiras,lavendeira, 2ª acep., no Dicionario da RAG. e con nomes similares en numerosos idiomas.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 184 da 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Volume 1 (10ª ed.) Holmiae: Laurentii Salvii.Motacilla Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 9 de decembro de 2021.

Etimoloxía Linneo tomou o nome científico Motacilla, do latín motacilla, "lavandeira".motacilla no Merriam-Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Metacilla Gmelin, 1774 Mottacilla Gmelin, 1774

Especies Segundo a Unión Ornitolóxica Internacional, en 2018 recoñecíanse as seguintes 13 especies:Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2018): "Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors, pipits". World Bird List. Versión 8.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 9 de decembro de 2021.

Imaxe Nome científico name Nome vulgar Distribución Motacilla flava Lavandeira amarela occidental Europa temperada e Asia. Motacilla tschutschensis Lavandeira amarela oriental Norteamérica (en Alasca), Asia e Australia. Motacilla citreola Lavandeira citrina Sur de Asia. Motacilla capensis Lavandeira do Cabo Sur de África (desde Uganda, o leste da República Democrática do Congo e Kenya, e a través de Zambia e Angola, até sur do Cabo Occidental até o Cabo de Boa Esperanza). Motacilla flaviventris Lavandeira de Madagascar Madagascar. Motacilla cinerea Lavandeira gris Europa occidental incluído as illas Británicas, Escandinavia e os países da rexión do Mediterráneo. Motacilla clara Lavandeira de Montaña Desde Guinea e o sur de Etiopía até Suráfrica. Motacilla alba, con polo menos 9 subespecies.(polifilética ou parafilética) Lavandeira brancaLavandeira moura Esta especie cría en toda Eurasia até as latitudes 75° N, estando só ausente no Ártico, nas áreas onde a isoterma de xullo é inferior a 4 °C.Tamén cría nas montañas de Marrocos e no oeste de Alasca. Ocupa unha gran variedade de hábitats, pero está ausente nos desertos.Collins Bird Guide (Page 250) by Mullarney, Svensson, Zetterstrom, & Grant Motacilla aguimp Lavandeira africana África subsahariana, desde o norte do cabo Oriental, polo sur, até, polo norte, ao extremo sur de Exipto, e polo oeste, desde Guinea até, polo leste, ao oeste de Eritrea e Somalia. Motacilla samveasnae Lavandeira do Mekong Camboxa e Laos, e visitante non reprodutor en Tailandia e Vietnam. Motacilla grandis Lavandeira xaponesa Xapón e Corea. Motacilla maderaspatensis Lavandeira de cellas brancas India. Motacilla bocagii (anteriormente Amaurocichla bocagii) Lavandeira de San Tomé San Tomé.

Notas taxonómicas En principio, as lavandeiras parecen estar divididas nun grupo de ventre amarelo e outro de ventre branco, ou un coa parte superior da cabeza en negro, e o outro gris; mais tamén pode ser verde oliveira, amarelo, ou doutra cor. Con todo, estas non son as liñaxes evolutivas; a mudanza da cor do ventre e o aumento da melanina ocorreron independentemente varias veces nas lavandeiras, e os patróns de cor que indican as verdadeiras relacións son moi sutís.

O citocromo b do ADNmt e os datos da secuencia de ADN da subunidade proteínica 2 da NADH deshidroxenase (Voelker, 2002) é de uso limitado: confirma a sospeita de que existe unha superespecie dunhas 3 lavandeiras de ventre branco e gorxa negra. Ademais, existe outra superespecie na África subsahariana, tres especies de gorxa branca cunha liña negra no lombo. As cinco especies restantes teñen unha alta variabilidade morfolóxica e a súa relación entre si e cos outros dous clados non se explicou satisfactoriamente na actualidade.

A orixe do xénero parece estar preto da área xeral do leste de Siberia/Mongolia. As lavandeiras espalláronse axiña a través de Eurasia e dispersáronse por África no Zancleano (a principios do Plistoceno)A data de Voelker (2002) de "fai 4,5 millóns de anos" é dubidosa. No canto de basearse en datos fortes, é un estimado baseado en valores medias que agora se sabe a miúdo están errados. onde a liñaxe subsahariana logo illouse. A lavandeira africana (e posiblemente a do Mekong) diverxeron antes da radiación masiva das formas de ventre branco e gorxa negra, e a maioría das formas de ventre amarelo, todas as cales aconteceron a finais do Piacenziano (a comezos do Plioceno tardío), fai aproximadamente 3 millóns de anos.

Tres especies son poli- ou parafiléticas no arranxo taxonómico actual, e algunha das dúas subespecies necesita ser reasignadas e/ou divididas en especies. A lavandeira boieira (tamén coñecida como a lavandeira amarela ou lavandeira de cabeza azul) foi, en especial, un pesadelo taxonómico con máis de doce subespecies aceptadas e moitas mais subespecies inválidas. As dúas especies "monocromáticas" restantes, a africana e a do Mekong, poden estar emparentadas, ou poden ser un exemplo de evolución converxente.

Características As lavandeiras son delgadas e a miúdo coloridas. Son insectívoras que se alimentan do chan no campo aberto do Vello Mundo. Aniñan no chan, onde poñen até seis ovos pintados. Entre os seus comportamentos máis senlleiros está a sacudida case constante da súa cola, unha característica que lle deu ás aves o seu nome científico. A pesar do común do comportamento e das observacións do mesmo, as razóns polas que o fan enténdense moi pouco. Suxeriuse que pode obrigar á presa a revelar a súa localización, ou podería ser un sinal de submisión ante outras lavandeiras. Estudos recentes suxeriron que é un sinal de vixilancia que pode axudar a desalentar depredadores potenciais.Hasson, Ou. (1991). "Pursuit-deterrent signals: communication between prey and predator". Trends in Ecology & Evolution, 6:325-329.

En Galicia En Galicia existen 3 especies (unha con 2 subespecies) pertencentes ó xénero Motacilla. Delas, 2 pódense atopar en Galicia durante todo o ano (M. cinerea e M. alba alba), 1 é estival (M. flava) r 1 é invernante no país (M. alba yarrellii). Ademais outra é ocasional (M. citreola) <center> {| class="wikitable" border="0" style="background:#ffffff" align="top" class="sortable wikitable" |+ align="center" style="background:#008844; color:white" |Motacilla

! style="background:Moccasin; color:Black" width=200 px|EspecieAutoridade, ano ! style="background:Moccasin; color:Black" width=160 px|<center>Nome vulgar ! style="background:Moccasin; color:Black" width=40 px|<center>EC ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Distribución ! style="background:Moccasin; color:Black" width=100 px|<center>Imaxe ! style="background:Moccasin; color:Black" width=180 px|<center>Poboación |- |Motacilla flavaLacépède, 1804||<center>Lavandeira verdeal||<center>||120px||100px|| |- |Motacilla cinereaLacépède, 1804||<center>Lavandeira real||<center>||120px||100px|| |- |Motacilla alba albaLesson, 1828||<center>Lavandeira branca||<center>||120px||100px|| |- |Motacilla alba yarrelliiLacépède, 1804||<center>Lavandeira moura||||120px||100px||

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Voelker, Gary (2002): "Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited". Condor 104 (4): 725–739. [Resume en ingés e castelán] DOI: 10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2 . HTML abstract

VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X, páxinas 484-487.

Outros artigos Paseriformes Motacílidos As aves na cultura popular galega

Ligazóns externas Vídeos da Motacilla , en Internet Bird Collection .

Categoría:Motacilla