A FIBA EuroCup Challenge, chamada inicialmente Copa de Campións da FIBA, Copa de Europa da FIBA (ou Copa da FIBA Europa) como complemento da daquela Liga Europea da FIBA (ou Liga da FIBA Europa), foi a segunda competición en importancia organizada pola FIBA Europa. Foi a cuarta competición de clubs en importancia do continente.
Ademais do trofeo en si, o premio extra para os seus finalistas era o dereito a participar na seguinte edición da FIBA EuroCup.
Sistema de competición A competición organizábase do seguinte xeito: Unha primeira fase na que participaban 16 equipos, que se distribuían en catro grupos de catro equipos cada un. Xogábase en forma de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontaban entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada grupo avanzaban á seguinte fase. Uns play offs a ida e volta de cuartos de final, semifinais e final. Durante as dúas primeiras edicións da competición, os equipos agrupábanse en conferencias segundo criterios xeográficos e o título decidíase nunha Final Four paneuropea que organizaba un dos clubs clasificados.
Final Fours TemporadaSedePartido pola medalla de ouroPartido pola medalla de bronceOuroResultadoPrataBronceResultadoCuarto posto 2002–03 Tesalónicaborder|30px|link=Grecia Aris 84–83 border|30px|link=Polonia Trefl Sopot border|30px|link=Letonia BK Ventspils 91–90 (OT)border|30px|link=Serbia e Montenegro KK Hemofarm 2003–04 Esmirnaborder|30px|link=Alemaña Mitteldeutscher BC 84–68 border|30px|link=Francia JDA Dijon border|30px|link=Turquía Tuborg Pilsener 94–53border|30px|link=Rusia Dinamo Moscow Region 2004–05 Ploieştiborder|30px|link=Romanía CSU Asesoft Ploiești 75–74 border|30px|link=Rusia Lokomotiv Rostov border|30px|link=Rusia Dinamo Moscova 79–45border|30px|link=Turquía Banvit 2005–06 Yuzhny Permborder|30px|link=Rusia Ural Great Perm 80–67 74–80 border|30px|link=Ucraína Khimik Yuzhny border|30px|link=Grecia Olympia Larissa border|30px|link=Finlandia Lappeenranta 2006–07 Strovolos Samaraborder|30px|link=Rusia CSK VVS Samara 83–85 101–81 border|30px|link=Chipre Keravnos border|30px|link=Chipre Apollon border|30px|link=Ucraína Dnipro
Palmarés Clubs EquipoTítuloAno Aris Tesalónica12002-03 Mitteldeutscher12003-04 Ploiesti 12004-05 Ural Great Perm12005-06 CSK VVS Samara12006-07
Adestradores AdestradorTítuloAno Vangelis Alexandris12002-03 Henrik Dettmann 12003-04 Mladen Jojić 12004-05 Sharon Drucker 12005-06 Valeri Tikhonenko 12006-07
Véxase tamén FIBA FIBA Europa FIBA EuroCup
Ligazóns FIBA (Web Oficial) FIBA Europa (Web Oficial)
Categoría:Competicións de baloncesto desaparecidas en Europa