Glenn Anton "Doc" Rivers, nado o 13 de outubro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador dos Philadelphia 76ers da NBA. Debutou como tal na NBA dirixindo a Orlando Magic en 1999. Na súa primeira tempada, levou o premio ao mellor adestrador do ano.
Máis tarde, cos Boston Celtics converteuse nun dos cinco adestradores afroamericanos que conseguiron gañar o campionato da NBA.
Un dos seus catro fillos, Austin Rivers, é tamén xogador profesional de baloncesto.
Traxectoria deportiva Universidade Entre 1980 e 1983 xogou cos WarriorsAté 1994, os equipos da Universidade de Marquette denominábanse Warriors da Universidade de Marquette, nos cales fixo 13,9 puntos, 4,6 asistencias e 3,3 rebotes por partido.
Profesional Foi elixido en sétima posición (31 en total) da segunda rolda do Draft da NBA de 1983 por Atlanta Hawks. Xogou 8 tempadas no equipo, onde rapidamente se fixo co posto de titular. O seu mellor ano foi en 1987, cando acabou a tempada facendo 12,8 puntos e 10 asistencias, cuarto neste apartado de toda a NBA. Tras un breve paso por Los Angeles Clippers, fichou por New York Knicks en 1992, onde, tras unha primeira tempada discreta, perdeuse case por completo a segunda por mor das lesións. A mediados da tempada seguinte foi traspasado a San Antonio Spurs, onde completou, moi por baixo do seu nivel, esta e outra máis, para retirarse en 1996.
Adestrador En 1999 faise cargo do equipo dos Orlando Magic, onde, tras acabar cunha porcentaxe de vitorias do 50% é nomeado Adestrador do Ano. Alí permanece até o inicio da tempada 2003-2004, onde, tras un mal inicio, con 1 partido gañado e 10 perdidos, é destituído.
En 2004 é fichado por Boston Celtics, posto que ostenta na actualidade. Na tempada 2007/2008 gañaría o anel da NBA co seu equipo, os Boston Celtics, derrotando na final por 4-2 a Los Angeles Lakers.
En 2013 converteuse en adestrador de Los Angeles Clippers, con aspiracións ao anel con Chris Paul, Blake Griffin e DeAndre Jordan.
A súa derradeira tempada cos Clippers foi a 2019-20, na que con xogadores como Kawhi Leonard ou Paul George perdeu en semifinais de Conferencia 4-3 contra os Denver Nuggets.
O 3 de outubro de 2020 converteuse en adestrador dos Philadelphia 76ers.
Durante a súa terceira tempada en Philadelphia, o 2 de febreiro de 2023, foi nomeado adestrador do mes de xaneiro, e tamén de marzo-abril da conferencia Leste.
Equipos Orlando Magic (1999-2003) Boston Celtics (2004-2013) Los Angeles Clippers (2013 -2020) Philadelphia 76ers (dende 2020).
Logros persoais Como xogador. Elixido para o All-Star Game da NBA en 1988. Como adestrador. Adestrador do Ano en 2000. Adestrador da Conferencia Leste para o All-Star Game da NBA en 2008. Campión da NBA en 2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Doc Rivers como adestrador Estatísticas da súa carreira como xogador Estatísticas da súa carreira como adestrador
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Adestradores dos Orlando Magic Categoría:Adestradores dos Boston Celtics Categoría:Adestradores dos Los Angeles Clippers Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América