Thomas Ernest "Satch" Sanders, nado o 8 de novembro de 1938 en Nova York, estado de Nova York, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto. Dende o ano 2011 é membro do Basketball Hall of Fame.
Traxectoria Procedente dos New York University Violets, pasou trece tempadas defendendo as cores de Boston Celtics da NBA, formando parte dos equipos campións de 1961 a 1966, 1968 e 1969. Na historia da NBA, só os seus compañeiros de equipo Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis que el ao longo da súa carreira. En 1973 deu por finalizada a súa carreira e en 1978 comezou o seu periplo como adestrador. Traballou en Harvard, e máis tarde na NBA, até a súa retirada en 2006. Actualmente reside coa súa segunda esposa Virginia Sanders no oeste de Massachusetts.
Véxase tamén Outros artigos Boston Celtics
Ligazóns externas BasketballReference.com: Satch Sanders (adestrador) BasketballReference.com: Satch Sanders (xogador)
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Adestradores dos Boston Celtics Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1938