William Charles Fitch, nado en Davenport, Iowa, o 19 de maio de 1932 e finado en Lake Conroe, Texas, o 2 de febreiro de 2022, foi un adestrador profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA). Foi incluído entre os "dez mellores adestradores da historia da NBA" en 1996.

Traxectoria Antes de pasar á profesionalidade, adestrou a Universidade de Minnesota, Bowling Green State, Universidade de Dacota do Norte, e a súa alma máter, Coe College.

Fitch é o quinto adestrador con máis vitorias na historia da NBA, con 944, pero tamén é segundo no apartado das derrotas, con 1106, detrás de Lenny Wilkens. Recibiu en dúas ocasións o premio ao Mellor Adestrador do ano (1976 e 1980), e guiou a Larry Bird, Kevin McHale, Robert Parish e os seus Boston Celtics ao anel de 1981 ante Houston Rockets por 4-2. Tras deixar Boston, dirixiu aos Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson, aos que levou ás Finais de 1984, perdéndoas ante o seu exequipo. Fitch tamén adestrou a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Los Angeles Clippers.

Equipos Cleveland Cavaliers (1970-1979) Boston Celtics (1979-1983) Houston Rockets (1983-1988) New Jersey Nets (1989-1992) Los Angeles Clippers (1994-1998)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Bill Fitch

Categoría:Adestradores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Adestradores dos Boston Celtics Categoría:Adestradores dos Houston Rockets Categoría:Adestradores dos New Jersey Nets Categoría:Adestradores dos Los Angeles Clippers Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Davenport, Iowa Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2022