miniatura|Bautismo de Xesús. miniatura|Decapitación de Xoán Bautista. Xoán Bautista, nado contra o 5 a.C. e finado contra o 30 d.C., foi quen anunciou a chegada do Mesías prometido (de aí o nome de Xoán o Precursor co que tamén se coñece) e bautizouno no río Xordán.
Traxectoria A vida de Xoán está descrita nos Evanxeos, especialmente no de san Lucas, que detalla os feitos do nacemento, ministerior e morte. Era fillo de Zacarías, un sacerdote, e Sabela, curmá de Xesús e naceu seis meses antes:
Xa de mozo retirouse ó deserto para vivir como anacoreta facendo penitencia e ó redor do ano 27 foi á rexión do Xordán, a onde chegou Xesús de Nazaré para ser bautizado. É neste momento cando insiste en que el non é o Mesías esperado polos xudeus senón que a súa misión só é anunciar e preparar a súa chegada: "Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado" (Lucas 3, 16).
Nas súas prédicas, Xoán denunciou publicamente o comportamento de Herodes Antipas, fillo de Herodes o Grande, por adulterio, pola relación incestuosa que mantiña con Herodías, a súa sobriña, denuncia que provocou que fose detido e levado á cadea de Maqueronte. Outras versións (Flavio Xosefo) xustifican a detención en razóns políticas: Herodes tomou esta decisión por medo a que incitase a unha posible rebelión contra el dos seus numerosos seguidores.
En calquera caso, ó cabo de 10 meses foi decapitado por orde de Herodes. Conta a lenda que Salomé, filla de Herodías, foi que pediu a cabeza de Xoán como recompensa por un baile que fixo para o rei.
Culto O culto a san Xoán Bautista está amplamante estendido por todo o territorio da igrexa católica, que o considera maior homine, par angelis (máis que un home, semellante ós anxos). A igrexa de Latrán (Roma), cabeza e nai de tódalas igrexas, está dedicada a Xoán, así como os baptisterios de Pisa ou Rávena, entre outros.
San Xoán Bautista é o patrón dos Cartuxos. Tamén o é dos xastres, dos peleteiros (por ir vestido cunha pel), dos cardadores de la, dos coiteleiros, dos presos no cárcere e dos condenados a morte, e tamén dos músicos. Foi considerado protector das fontes.
Celebración A súa festa celébrase conmemorando o seu nacemento, o 24 de xuño, ou a data da súa decapitación, o 29 de agosto.
Evidentemente, non hai seguridade histórica en ningunha das dúas datas. A primeira calcúlase a partir da data aceptada tradicionalmente para o nacemento de Xesús, o 24 de decembro, aceptando como bo que cando o anxo Gabriel anunciou a María a concepción de Xesús, tamén lle dixo que a súa prima Isabel estaba embarazada de seis meses. Nin sequera hai seguridade no ano en que puido suceder isto, xa que distintos autores propoñen para o nacemento de Xesús os anos 2, 4 ou mesmo 7 antes da nosa era.
De calquera xeito, seguramente a orixe da súa festa hai que atopala nas antigas celebracións do solsticio de verán. Igual que o solsticio de inverno se cristianizou coa celebración do nacemento de Xesús, o de verán converteuse na festa do precursor. O que non é obstáculo para que baixo o nome dunha festa cristiá pervivan ritos pagáns que se celebran por toda Galicia: o lume, as ondas as herbas...
Tampouco hai certeza na data da súa morte nin, polas razóns antes expostas, no ano. Calculándoa sobre a cronoloxía de Herodes Antipas, estímase que se produciría no ano 27 da nosa era, pero como a tradición a sitúa pouco antes da crucifixión de Cristo, acéptase usualmente o ano 30.
Iconografía San Xoán Bautista represéntase basicamente en dúas formas: como neno como adulto, vestido cunha pel de carneiroNas igrexas de Oriente, unha pel de camelo. e sostendo un año ou unha cruz de cana cunha cartela na que aparece Ecce agnus Dei. O dedo índice ergueito representa o seu carácter de anunciador de Xesús. Ocasionalmente, represéntase coa cabeza nunha bandexa.
San Xoán Bautista en Galicia miniatura|San Xoán Bautista, na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz San Xoán é o patrón de 144 parroquias galegas.O que o coloca en sétima posición por número de parroquias. Cómpre advertir que pode haber confusión entre Xoán Bautista e Xoán Evanxelista. É patrón dos concellos de Ames, Carballo, Cerdedo, Cesuras, Fisterra, Mazaricos, Muros, Sarria e Touro (na provincia da Coruña); Antas de Ulla, Becerreá, Guitiriz, O Corgo e O Incio (na de Lugo); Laza, Padrenda, Rairiz de Veiga e Trasmiras (Ourense); e Poio (Pontevedra).
Da influencia de San Xoán na cultura galega dá idea o feito de que dá nome ó mes de xuño: De san Xoán prás Navidás, o días van pra atrás.
En Galicia é avogoso das colleitas de pan (entendido como trigo ou centeo). Na noite de san Xoán, a noite do día 23 ó 24 de xuño, coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo e en toda GaliciaAsí como do resto de España e en Europa. unha ampla variedade de festas e prácticas rituais especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán en moitos lugares de España. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que se festexa este acontecemento solar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Noite de san Xoán Xuño na cultura popular galega Xoán o Apóstolo Xoán (nome) Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Bautista Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Degolado
Ligazóns externas Enciclopedia Católica O Evanxeo de san Lucas
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Personaxes do Novo Testamento Categoría:Profetas Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia