Marcin Janusz Gortat, nado o 17 de febreiro de 1984 en Łódź, é un xogador profesional de baloncesto polaco. Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Traxectoria Europa Tras xogar no equipo da súa cidade en Polonia, en 2003 fichou polo equipo alemán do RheinEnergie Köln. Na súa última tempada tivo unha media de 10,4 puntos, 5,6 rebotes e 1,1 tapóns por partido na Euroliga.Marcin Gortat arranxou condicións e xogará no Magic de Orlando

NBA Foi elixido no posto 57 do Draft da NBA de 2005 por Phoenix Suns, que traspasou os seus dereitos a Orlando Magic, equipo co que disputou o tres últimas edicións da súa liga de verán, regresando sempre a Alemaña. Por fin en 2007 os Magic fixéronse co xogador para a tempada 2007-08.

O 25 de outubro de 2013, Gortat foi traspasado, xunto a Shannon Brown, Malcolm Lee e Kendall Marshall ós Washington Wizards, a cambio de Emeka Okafor e unha elección protexida de primeira rolda do Draft de 2014. Dos 4 xogadores que traspasaron os Suns, tan só Gortat quedou no equipo para xogar durante a tempada 2013-14, os outros tres foron cortados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Marcin Gortat

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Łódź‎ Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Polonia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do Köln 99ers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers