O guaraní (plural: guaranís) é a moeda oficial de Paraguai. Cada guaraní está dividido en 100 céntimos, porén, debido á inflación os céntimos xa non se empregan. O código ISO da moeda é PYG.

Historia e características Esta moeda foi creada por lei o 5 de outubro de 1943 para substituír o peso. Os primeiros guaranís foron emitidos en 1944. O nome da moeda refírese á principal etnia de Paraguai, así como á lingua guaraní, unha das linguas oficias do estado. De 1960 a 1982 a taxa de troco era de 126 guaranís por cada dólar.

O 2 de xaneiro de 2005, o tipo de troco era de 6.110 guaranís por cada dólar estadounidense. O 10 de marzo do 2005 o tipo de troco chegou a 6.248. O 18 de abril de 2008, o tipo de troco era de 4.300,00 guaranís por cada dólar estadounidense, o valor máis baixo acadado esta década ata agora. O maior billete en circulación é o de 100.000 guaranís e vale USD 23,256 aproximadamente. A principios do 2009 o guaraní era a novena unidade monetaria co valor máis baixo do mundo e a primeira de América.

Moedas Moedas en circulación: 50 guaranís. 100 guaranís. 500 guaranís. 1.000 guaranís.

Billetes Billetes en circulación: 1.000 guaranís. 2.000 guaranís (A partir do 11 de decembro de 2009). 5.000 guaranís. 10.000 guaranís. 20.000 guaranís. 50.000 guaranís. 100.000 guaranís.

As moedas de 1, 5 e 10 guaranís eran xa moi raras en 2005 debido ao seu baixo valor extremo e apenas circulan habitualmente. En 2006 acuñáronse en Eslovaquia novas moedas de 50, 100 e 500 guaranís, en distintos materiais e cor prateada. Saíron á circulación en 2007.

Redenominación do Guaraní O 21 de outubro de 2009, o Banco Central de Paraguai anunciou ao público a súa intención de revalorizar a moeda eliminando 3 ceros ao guaraní en xaneiro de 2011, deste xeito a equivalencia será de 1 novo guaraní por cada 1000 Guaranís . Por un período de dous anos os billetes e moedas do actual e o novo guaraní permanecerán en circulación conxuntamente. Os billetes coa nova denominación permanecerán sen trocos no deseño neste primeiro período, sinalando tan só o valor na nova moeda, trocando a palabra mil por novos.

Previsións Existirán billetes de: 2 Novos guaraní (actualmente 2000 guaranís). 5 Novos guaranís (actualmente 5000 guaranís). 10 Novos guaranís (actualmente 10.000 guaranís). 20 Novos guaranís (actualmente 20.000 guaranís). 50 Novos guaranís (actualmente 50.000 guaranís). 100 Novos guaranís (actualmente 100.000 guaranís).

E moedas de: 5 Céntimos (actualmente 50 guaranís). 10 Céntimos (actualmente 100 guaranís). 50 Céntimos (actualmente 500 guaranís). 1 Novo guaraní (actualmente 1000 guaranís).

A partir de 2013, comezarán a circular billetes con novos deseños sen o prefixo "novo" diante da palabra guaraní.

Véxase tamén Ligazóns externas Banco Central do Paraguai Moedas de Paraguay en Don's World Coin Gallery Novas moedas en 2006 Moedas de Paraguai con fotos

Paraguai Categoría:ISO 4217