Anfernee Deon "Penny" Hardaway, nado o 18 de xullo de 1971 en Memphis, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura podía xogar tanto de base, coma escolta ou aleiro.
Os seus anos máis produtivos foron durante a súa época en Orlando Magic, e algún momento de brillantez en Phoenix Suns. Con todo, as lesións marcaron a carreira deste xogador, cortando unha traxectoria que prometía levalo a ser un dos mellores da historia. O seu alcume, Penny (penique), púxollo a súa avoa, que sempre dicía que era "pretty as a penny" (bonito como un penique). O seu último equipo foi Miami Heat da NBA, que abandonou o 12 de decembro de 2007.
Traxectoria deportiva Universidade Disputou dous anos na Universidade de Memphis, onde fixo 20 puntos, 7,7 rebotes e 5,9 asistencias por partido.
Profesional Foi elixido no Draft da NBA de 1993 por Golden State Warriors no posto número 3, pero foi inmediatamente traspasado aos Orlando Magic a cambio de Chris Webber. Inmediatamente causou impacto na liga, gañando o MVP no partido de rookies do All-Star Weekend e sendo elixido no mellor quinteto de novatos dese mesmo ano. Neses primeiros anos xogou xunto á grande estrela Shaquille O'Neal, levando xuntos ao equipo á final da NBA de 1995, onde caeron ante os Houston Rockets. En 1996 foi elixido para participar coa súa selección nos Xogos Olímpicos de Atlanta, onde gañaron a medalla de ouro.
Disputou seis tempadas no equipo de Florida, até ser traspasado a Phoenix Suns. Alí comezou o seu particular calvario, ao perderse case por completo a tempada de 2000-2001 por unha lesión de xeonllo. A finais de 2003, e tras catro tempadas e media en Arizona, foi traspasado aos New York Knicks, onde unha nova lesión mantenlle de momento apartado da liga. En agosto de 2007 asinou como axente libre con Miami Heat. O 12 de decembro de 2007 foi cortado polo equipo para fichar a Luke Jackson.
Equipos Orlando Magic (1993-1999) Phoenix Suns (1999-2003) New York Knicks (2003-2006) Miami Heat (2007)
Logros persoais
Campión Olímpico en Atlanta 1996. Elixido no mellor quinteto de rookies en 1994. Catro veces All Star. Elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Penny Hardaway Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Penny Hardaway Vídeo cos seus momentos máis destacados
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Memphis, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996