Mazzy Star é unha banda estadounidense de dream pop formada en 1989 por David Roback e Kendra Smith, ex-integrantes do grupo Opal. Posteriormente, Smith deixaría a banda, sendo substituída pola súa amiga Hope Sandoval no rol de vocalista.

Acadaron sona coa súa canción "Fade into You", que lles reportou grande éxito a mediados dos anos 1990, sendo o seu maior éxito entre o grande público. Roback e Sandoval eran o centro creativo da banda, con Sandoval escribindo as letras e Roback compondo a música ata a súa morte nos Ánxeles o 24 de febreiro de 2020.

O seu álbum de estudio máis recente, Seasons of Your Day, foi editado no ano 2013, seguido polo EP Still en 2018.

Discografía Álbum Ano Selo She Hangs Brightly 1990 Capitol Records So Tonight That I Might See 1993 Capitol Records Among My Swan 1996 Capitol Records Seasons of Your Day 2013 Rhymes of An Hour

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo do tema Fade into you Mazzy Star Boulevard Páxina de Hope Sandoval

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais do condado dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1989