Antawn Cortez Jamison, nado o 12 de xuño de 1976 en Shreveport, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,06 metros de altura e 107 quilogramos de peso, xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria deportiva Universidade Durante a súa etapa na universidade Jamison xogou para a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Nas súas tres tempadas nos Tar Heels tivo unha media de 19,0 puntos e 9,9 rebotes por partido. No seu último ano universitario recibiu os premios Naismith e John R. Wooden como o mellor xogador universitario da tempada 1997-1998. Nos seus tres anos, Carolina do Norte logrou chegar ás semifinais nacionais (Final Four) dúas veces.

Profesional Jamison foi seleccionado por Toronto Raptors coa cuarta selección no draft de 1998. Foi traspasado de inmediato a Golden State Warriors a cambio do seu compañeiro universitario Vince Carter. Xogou cinco anos co equipo de Oakland (California), e foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde gañou o premio ao Mellor Sexto Home da NBA. O ano seguinte foi traspasado de novo, esta vez a Washington Wizards. En 2005 e 2008, foi elixido para xogar o All-Star Game.

O 17 de febreiro de 2010, Jamison foi traspasado a Cleveland Cavaliers como parte dun intercambio a tres bandas, no que Al Thornton de Los Angeles Clippers marchábase a Washington Wizards; Žydrūnas Ilgauskas (que logo retornaría a Cleveland), unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič dende Cleveland a Washington; Drew Gooden de Washington aos Ánxeles e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.

O 25 de xullo de 2012, Jamison asinou un contrato cos Los Angeles Lakers.Lakers Sign Antawn Jamison

O 28 de agosto de 2013, Jamison asinou cos Los Angeles Clippers.Clippers sign forward Antawn Jamison

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en Shreveport, Luisiana Categoría:Nados en 1976 Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Ala-pivotes de baloncesto