Kari ou Saturno XLV, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 2.

Kari ten uns 7 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 22,3051 millóns de km en 1243,71 días, cunha inclinación orbital de 148,4° respecto da eclíptica (151,5° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,3405.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Kári era fillo Fornjót, personificación do vento na mitoloxía nórdica.

Véxase tamén Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas

Institute for Astronomy Saturn Satellite Data IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento) MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 3 de maio do 2005 (descubrimento e efemérides) IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizando a lúa)

Categoría:Lúas de Saturno