The Slip (tamén coñecido como Halo 27) é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. O álbum foi editado gratuitamente o 5 de maio do 2008 como descarga dixital, e baixo unha licenza Creative Commons, na páxina oficial da banda. Dous meses máis tarde lanzouse unha versión física.
O álbum está dispoñible para a descarga en varios formatos, MP3, FLAC e MP4 sen perdas, ou WAV de alta calidade. Ademais, as descargas inclúen un arquivo PDF co libreto e os créditos.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Nine Inch Nails Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Alan Moulder Categoría:Álbums producidos por Trent Reznor Categoría:Álbums producidos por Atticus Ross