Rolando "Ro" Antonio Blackman, nado o 26 de febreiro de 1959 na Cidade de Panamá, é un ex xogador profesional de baloncesto panameño, con dobre nacionalidade estadounidense, cuxa carreira profesional transcorreu durante a década dos 80. Medía 1,98 metros, xogaba na posición de base. Na actualidade é o Director de Desenvolvemento de Xogadores dos Dallas Mavericks.

Carreira Universidade Despois de crecer en Brooklyn, Nova York, Blackman asistiu á Universidade de Kansas State, sendo o xogador máis destacado do seu equipo. En 1980 foi nomeado Xogador do ano da súa conferencia, e elixido All-America, lista que designa os mellores universitarios do país. Anotou, nas súas 4 tempadas, 1844 puntos, a segunda anotación máis alta da historia da súa universidade. As súas estatísticas totais foron de 15,2 puntos e 5 rebotes por partido. Finalmente, antes de empezar a súa última tempada, foi elixido para representar a Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, pero o equipo estadounidense non participou nesas olimpíadas polo boicot do seu país.

NBA Foi elixido na novena posición do Draft da NBA de 1981 polos Dallas Mavericks, equipo no que permanecería durante 11 tempadas, aos cales levaría aos play-offs en seis ocasións, sendo elixido catro veces para participar no All-Star Game. Salvo nos seus dúas primeiras tempadas, a súa media de anotación roldou sempre os 20 puntos por partido. En 1992, con 33 anos, foi traspasado aos New York Knicks, onde xogou dous anos máis, cun rendemento notablemente inferior ao da súa carreira en Dallas.

Europa Decidiu estender a súa carreira indo xogar a Europa, fichando polo equipo da liga grega do AEK Atenas, na tempada 1994-95. Ao ano seguinte o seu destino sería a LEGA italiana, en concreto o Olimpia Milano, co que gañaría a liga e a copa.

Equipos Dallas Mavericks (1981-1992) New York Knicks (1992-1994) AEK Atenas (Liga Grega) (1994-1995) Olimpia Milano (Liga Italiana) (1995-1996)

Logros persoais Participou no All-Star Game en catro ocasións. Campión da liga italiana en 1996. O número 22 que lucía nos Mavericks foi retirado no ano 2000.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Rolando Blackman

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Nados en 1959