Insuaboa é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 22 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 12 homes e 10 mulleres.

Insuaboa está no límite dos Concellos de Cerceda e A Laracha. Inclúe antigas casas de pedra (granito) e construcións máis recentes posteriores aos 80.

No centro do lugar hai 3 grandes pedras de granito sobre o rego que atravesa a aldea.

O lugar medrou ao arredor da primeira casa hoxe restaurada e coñecida como a casa dos Casal.

Lugares e parroquias Lugares de Soandres

Parroquias da Laracha

Categoría:Lugares da Laracha