1985 (MCMLXXXV) foi un ano común comezado en martes no calendario gregoriano. Corresponde ao Ano do Boi no horóscopo chinés.
Acontecementos Último achegamento do Cometa Halley preto da Terra. 11 de marzo: Mikhail Gorbachev é elixido presidente da Unión Soviética. 1 de xuño: inaugúrase a Casa das Ciencias, museo interactivo integrado dentro dos Museos Científicos Coruñeses Calendario 2014 MUNCYT.. 12 de xullo: o Consello de Europa outorga a Santiago de Compostela o Premio Europa 1985 polo seu compromiso europeo. 24 de xullo: inaugúrase a TVG. 25 de xullo: comeza a emitir a TVG. 26 de novembro: Rodolfo Neri Vela convértese no primeiro astronauta mexicano. 4 de decembro: a UNESCO declara Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade.
Nacementos 5 de febreiro: Cristiano Ronaldo, xogador de fútbol portugués. 2 de marzo: Patrick Makau Musyoki, atleta kenyano. 26 de marzo: Keira Knightley, actriz inglesa. 31 de marzo: Jason Cain, xogador de baloncesto estadounidense. 22 de maio: Ricardo René Valinotti Giménez, futbolista paraguaio. 30 de xuño: Michael Phelps, nadador norteamericano. 24 de outubro: Wayne Rooney, xogador de fútbol inglés. 28 de novembro: Tiago Iorc, cantante brasileiro.
Mortes 10 de xaneiro: Mary Kenneth Keller, pioneira estadounidense da informática (n. 1913). 22 de febreiro: Salvador Espriu, poeta en lingua catalá. 26 de febreiro: Tjalling Koopmans, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1975. 26 de febreiro: Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego. 2 de marzo: Xosé María Álvarez Blázquez, escritor e investigador galego (n. 1915). 10 de marzo: Konstantín Chernenko, político e estadista, gobernante da Unión Soviética (n. 1911). 28 de marzo: Marc Chagall, pintor ruso (n. 1887). 11 de abril: Enver Hoxha, ditador albanés (n. 1908). 20 de abril: Charles Richter, sismólogo estadounidense. 21 de abril: Tancredo Neves, presidente elixido do Brasil (n. 1910). 25 de xuño: Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego. 16 de xullo: Heinrich Böll, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura (n. 1917). 6 de agosto: Forbes Burnham, presidente de Guïana (n. 1923). 20 de agosto: Reimundo Patiño, pintor e debuxante de banda deseñada galego (n. 1936). 31 de agosto: Frank Macfarlane Burnet, biólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1899).
7 de setembro: Rodney Robert Porter, bioquímico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1917).
8 de setembro: John Franklin Enders, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1887). 9 de setembro: Paul Flory, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1910). 19 de setembro: Italo Calvino, escritor italiano. 2 de outubro: Rock Hudson, actor estadounidense (n. 1925). 10 de outubro: Yul Brynner, actor estadounidense (n. 1920). 10 de outubro: Orson Welles, actor e director de cinema estadounidense (n. 1915). 16 de outubro: Antonio Guillán Hermo, poeta galego. 27 de outubro: Paulopriit Voolaine, arquiveiro, bibliotecario, lingüista e etnógrafo estoniano. 27 de outubro: Bernard Wolfe, escritor estadounidense (n. 1915). 7 de decembro: Robert Graves, escritor e erudito británico. 12 de decembro: Anne Baxter, actriz estadounidense (n. 1923). 26 de decembro: Dian Fossey, bióloga estadounidense (n. 1932). 31 de decembro: Ricky Nelson, cantante e actor estadounidense (n. 1940).
Premios Nobel Física: Klaus von Klitzing Química: Herbert A Hauptman e Jerome Karle Medicina: Michael S Brown e Joseph L Goldstein Literatura: Claude Simon Paz: International Physicians for the Prevention of Nuclear War Economía: Franco Modigliani
Día das Letras Galegas Antón Losada Diéguez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1985