Flandres (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% de Bélxica).
Divisións administrativas A rexión de Flandres está dividida en 5 provincias (as provincias posúen un total de 308 concellos): Provincia de Anveres (neerlandés: Antwerpen) Provincia de Limburgo (Limburg) Provincia de Flandres Oriental (Oost-Vlaanderen) Provincia do Brabante Flamengo (Vlaams-Brabant) Provincia de Flandres Occidental (West-Vlaanderen) A cidade de Bruxelas forma parte da rexión de Flandres, máis só para os habitantes flamengos e as institucións locais (os cales viven en ambas as dúas rexións, a rexión da Valonia e a de Flandres). A cidade constitúe tamén a capital da rexión.
Cidades As principais cidades da rexión son (censo do 2007): Anveres (466.484) Gent (234.602) Bruxas (116.500) Leuven (95.232) Mechelen (78.480) Aalst (78.184) Kortrijk (73.376) Ostend (69.845) Hasselt (69.455) Sint-Niklaas (69.277) Genk (64.071) Roeselare (56.797)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Condado de Flandres