Acontecementos
1 de xaneiro, Estados Unidos: entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur. 10 de xaneiro - Apertura do primeiro sector do Metro de Londres. 30 de abril - Batalla de Camarón, en México, entre o exército mexicano e a Lexión Estranxeira do Segundo Imperio Francés. Camboxa, en Indochina, convértese nun protectorado francés.
Arte e literatura miniatura|Cantares Gallegos. Publícase Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marca o inicio do Rexurdimento. Publícase a primeira novela de Jules Verne, Cinq semaines en ballon, traducida ao galego (Cinco semanas en globo) en 2005 por María Carmen Campos. Publícase o Diccionario gallego-castellano, de Francisco Javier Rodríguez Gil. Publícase The Naturalist on the River Amazons, de Henry Walter Bates. Publícase Zimnie zametki o letnikh vpechlatleniyakh (Notas de inverno sobre impresións de verán) de Fiódor Dostoievski. Édouard Manet pinta Le Déjeuner sur l'herbe (O almorzo sobre a herba) e Olympia.
Nacementos 1 de xaneiro - Pierre de Coubertin, promotor dos Xogos Olímpicos da era moderna (m. 1937). xaneiro - Ángela Santamarina Alduncín, nobre e filántropa galega (m. 1956). 6 de xaneiro - Sydney Martineau, esgrimista inglés (m. 1945). 12 de xaneiro - Swami Vivekananda, filósofo e líder espiritual indú (m. 1902). 14 de xaneiro - Manuel Gomes da Costa, presidente de Portugal (m. 1929). 15 de xaneiro - Wilhelm Marx, chanceler alemán (m. 1946). 17 de xaneiro David Lloyd George, primeiro ministro británico (m. 1946). Constantin Stanislavski, actor e director de teatro ruso (m. 1938). 9 de febreiro Arnould Galopin, escritor francés (m. 1934). Anthony Hope, escritor británico (m. 1933). 11 de febreiro - Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista, Día das Letras Galegas de 2006 (m. 1940). 27 de febreiro - Joaquín Sorolla, pintor impresionista español (m. 1923). 3 de marzo - Arthur Machen, escritor e xornalista inglés (m. 1947). 4 de marzo - Reginald Innes Pocock, zoólogo inglés (m. 1947). 12 de marzo - Gabriele D'Annunzio, escritor e político italiano (m. 1938). 17 de marzo - Antonii Khrapovitskii, bispo ortodoxo ruso (m. 1936). 3 de abril - Henry van de Velde, arquitecto holandés (m. 1957). 16 de abril - Émile Friant, pintor realista francés. 18 de abril - Leopold Berchtold, político austro-húngaro (m. 1942). 29 de abril - Konstantinos Kavafis, poeta grego (m. 1933). 14 de maio - John Charles Fields, matemático canadense (m. 1932). 24 de maio - George Grey Barnard, escultor estadounidense (m. 1938). 25 de maio - Heinrich Rickert, filósofo alemán (m. 1936). 28 de maio - Xosé Arcos Moldes, xornalista galego (m. 1945). 31 de maio - Ventura de los Reyes Prósper, científico español (m. 1922). 16 de xullo - Alfons Sala, político catalán (m. 1945). 19 de xullo - Hermann Bahr, escritor austríaco (m. 1934). 22 de xullo - Enrique Labarta Pose, escritor e xornalista galego (m. 1925). 23 de xullo - Darío Bugallal Araújo, notario e político galego (m. 1948). 30 de xullo - Henry Ford, presidente e fundador de Ford Motor Company (m. 1947). 2 de agosto - Antón I Pedro Arida, Patriarca de Antioquía (m. 1955). 9 de agosto Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta, Conde de Romanones, político español (m. 1950). José Vicente Pérez Martínez, crítico da arte, escritor e político galego (m. 1905). 11 de agosto - Gaston Doumergue, presidente de Francia (m. 1937). 18 de agosto - Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii, fotógrafo e químico ruso (m. 1944). 1 de setembro - João Pinheiro Chagas, primeiro ministro de Portugal (m. 1925). 13 de setembro - Arthur Henderson, político escocés, Premio Nobel da Paz (m. 1935). 21 de setembro - Gerardo Doval, avogado e político galego (m. 1940). 28 de setembro - Carlos I, rei de Portugal (m. 1908). 5 de outubro - Ludwig Borchaardt, arqueólogo e exiptólogo alemán (m. 1928). 16 de outubro - Austen Chamberlain, político británico, Premio Nobel da Paz en 1925 (m. 1937). 27 de outubro - Vicente Barrio, sindicalista español (m. 1926). 1 de novembro - Arthur Morrison, novelista inglés (m. 1945). 11 de novembro - Paul Signac, pintor neoimpresionista francés (m. 1935). 14 de novembro - Leo Baekeland, químico estadounidense (m. 1944). 15 de novembro - Sante Ceccherini, militar e esgrimista italiano (m. 1932). 24 de novembro - Edwin Conklin, biólogo estadounidense (m. 1952). 7 de decembro - Pietro Mascagni, músico italiano (m. 1945). 11 de decembro - Annie Jump Cannon, astrónoma estadounidense (m. 1941). 12 de decembro - Edvard Munch, pintor expresionista noruegués (m. 1944) 16 de decembro - George Santayana, filósofo e poeta español (m. 1952). 18 de decembro - Francisco Fernando, arquiduque de Austria, asasinado en Saraxevo (m. 1914). 28 de decembro - Nicolás Tenorio Cerero, maxistrado e historiador español (m. 1930). decembro - Heȟáka Sápa, home medicina dos síux (m. 1950). Apiaguaiki Tumpa, dirixente guaraní boliviano (m. 1892). Damià Mateu, empresario e político catalán (m. 1935). Juan Manuel Otero Milleiro, médico e político galego (m. 1929). Periklis Pierrakos-Mavromichalis, esgrimista grego (m. 1938). Benito Rivas Rodríguez, avogado e político galego (m. 1923). Torcuato Ulloa, xornalista e escritor galego (m. 1946). Francesc Viñas i Dordal, tenor catalán (m. 1933).
Mortes 3 de marzo - William John Burchell, naturalista, ilustrador e explorador británico (n. 1782). 9 de marzo - Antonio Cendón, pintor e caricaturista galego (n. 1837). 22 de marzo - Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811). 29 de abril - Hryhorii Yakhymovych, arcebispo de Lviv (n. 1792). 7 de xuño - Franz Gruber, músico e compositor austríaco (n. 1787). 3 de xullo - Little Crow, xefe síux (n. 1810). 6 de xullo - Patrice Lacombe, escritor e notario quebequés (n. 1807). 13 de agosto - Eugène Delacroix, pintor francés (n. 1798). 26 de xullo - Samuel Houston, alias The Raven, terrorista estadounidense (n. 1793). 17 de setembro - Alfred de Vigny, escritor, dramaturgo e poeta francés (n. 1797). 20 de setembro - Jacob Grimm, lingüista e historiador da mitoloxía alemán (n. 1785). 8 de outubro - Enrique de Vedia, historiador e diplomático español (n. 1802). 30 de novembro - Kamhameha IV, rei de Hawai (n. 1834). 14 de decembro - Manuel Blanco Romasanta, o "Lobishome de Allariz" (n. 1809) 21 de decembro - Giuseppe Gioachino Belli, poeta romano (n. 1791). 30 de decembro - Constantin Wilhelm Lambert Gloger, zóologo alemán (n. 1803). Ramón de Santillán, político e militar español (n. 1791). Pedro Sáinz de Andino, xurista español (n. 1786).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1863