Nova York (en ; ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

Datos Superficie: 779,59 km² Poboación: 8.274.527 hab. (2007)

A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é: miniatura|esquerda|Distritos de Nova York

20px Aeroportos: North East: LGA; South East: JFK; West: EWR

Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.

Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.

Historia

As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por indíxenas da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema). Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Ámsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape , e o lugar especializaríase no comercio das peles.

En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany. Ao final da segunda guerra anglo-holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlasen Nova Ámsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.

A cidade de Nova York gañou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.

Independencia estadounidense thumb|A estatua do rei Xurxo III de Inglaterra foi retirada en 1776. O 9 de xullo de 1776, o axudante de George Washington leu a Declaración de Independencia dos Estados Unidos ás súas tropas e aos cidadáns de Nova York, que máis tarde irromperon en Bowling Green, onde se erguía unha estatua do rei Xurxo III, logo procederon a atar cordas á estatua e arrincárona do seu pedestal, enviando os seus restos a Litchfield, Connecticut, onde a maior parte do chumbo da estatua se converteu en 42 000 balas de mosquete para o Exército Continental. No proceso, serraron os remates na parte superior da valla que se construíu ao longo do perímetro de Bowling Green para protexer a estatua que representaba o símbolo real dunha coroa. A valla permanece en pé ata o día de hoxe e as marcas irregulares onde adoitaban estar os remates da coroa están presentes. Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street."The People's Vote: President George Washington's First Inaugural Speech (1789)" U.S. News and World Report, 28-5-2007 Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.

Século XIX No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.; Lankevich (1998), pp. 67–68. Por volta de 1835, a cidade de Nova York superaba Filadelfia como a cidade maior dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses. Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecemento do Central Park, o cal se converteu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Por outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.

miniatura|250px|Mulberry Street, en Manhattan, ca. 1900.

Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a guerra civil estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense. En 1898, formouse a moderna cidade de Nova York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.The 100 Year Anniversary of the Consolidation of the 5 Boroughs into New York City, New York City. Consultado o 29 de xuño de 2007. A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade converteuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.

Século XX Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo cunha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York converteuse na cidade máis poboada do mundo en 1948, superando Londres, que ocupara o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran Depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.

miniatura|250px|Vista área de Manhattan (1942)

A inmigración europea e o regreso dos veteranos da segunda guerra mundial motivaron o desenvolvemento económico e impulsaron a construción de vivendas ao leste de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso dos Estados Unidos como a potencia económica dominante. O Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) salientou a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París do cumio no mundo da arte. Na década de 1960 a cidade sufriu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.

Na década de 1980, un rexurdimento da industria financeira mellorou a saúde fiscal da cidade. Nos noventa, as tensións raciais calmáronse, os índices criminais caeron drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.

thumb|left|Vista do horizonte desde Queens e o World Trade Center, 1997

Século XXI A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro de 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.

O One World Trade Center foi construído no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas, converténdose no edificio máis alto do hemisferio occidental.

Xeografía miniatura|250px|A área metropolitana de Nova York.

Nova York atópase no nordeste dos Estados Unidos, no sueste do estado de Nova York e no medio, aproximadamente, de Washington D.C. e Boston.Washington, D.C. está a unha distancia en estrada de Nova York de , mentres que Boston a . - Google Maps A súa localización na boqueira do río Hudson, que forma un porto naturalmente protexido e desemboca no océano Atlántico, axudou ao crecemento da cidade e á súa importancia como cidade comercial. A maior parte de Nova York está construída sobre tres illas: Manhattan, Staten Island e Long Island, facendo que o terreo edificábel sexa escaso e xerando así unha alta densidade de poboación.

O río Hudson flúe a través do val homónimo até a baía de Nova York. Entre Nova York e a cidade de Troy, o río convértese nun estuario. O Hudson separa a cidade de Nova Jersey. O East River flúe desde o estreito de Long Island e separa Bronx e Manhattan de Long Island. O río Harlem, entre os ríos Este e Hudson, separa Manhattan do Bronx.

O terreo da cidade foi alterado considerablemente pola intervención humana, varios terreos foron gañados aos ríos desde os tempos coloniais neerlandeses. Isto é máis notable no sur de Manhattan, onde se levaron a cabo planificacións como Battery Park City nos anos 1970 e 1980. Algunhas das variacións na topografía foron niveladas, particularmente en Manhattan.

A área da cidade é de 831,4 km². A área total da cidade é de . de ela é auga e é terra. O punto máis alto da cidade é o outeiro Todt en Staten Island (124,9 metros sobre o nivel do mar). O cume está cuberto por bosques, posto que é parte do cinto verde de Staten Island.

Clima