John Maxwell Coetzee, nado en Cidade do Cabo en 1940, é un escritor surafricano, gañador do Premio Nobel de Literatura en 2003.
Traxectoria Educouse nunha escola católica, estudou matemáticas e inglés na Universidade de Cidade do Cabo, en 1961 trasladouse a Inglaterra, onde traballou como programador de IBM. Oito anos despois realizou o doutoramento pola Universidade de Texas e ensinou inglés e literatura na Universidade de Buffalo ata 1971, ano no que se lle nega a residencia pola súa participación nas protestas contra a guerra de Vietnam, polo que volve a Suráfrica e ensina literatura inglesa na Universidade de Cidade do Cabo. En 2002 trasladouse a Adelaida (Australia) e o 6 de marzo de 2006 concedéuselle a cidadanía australiana.
Obra miniatura|dereita|200px|John M. Coetzee en Kraków (Polonia), o 9 de xuño de 2006. Dusklands (1974) In the Heart of the Country (1977) Waiting for the Barbarians (1980) Life & Times of Michael K (1983) Foe (1986) White Writing: On the Culture of Letters in South Africa (1988) Age of Iron (1990) Doubling the Point: Essays and Interviews (1992) The Master of Petersburg (1994) Giving Offense: Essays on Censorship (1997) Infancia (Boyhood: Scenes from Provincial Life, 1998) Traducido ao galego por Rafael Salgueiro para Rinoceronte Editora en 2013 Deshonra (Disgrace, 1999)Traducido ao galego por Moisés Rodríguez García para Rinoceronte Editora en 2008 The Lives of Animals (1999) Mocidade (Youth: Scenes from Provincial Life II, 2002) Traducido ao galego por Iolanda Mato para Rinoceronte Editora en 2013 Stranger Shores: Literary Essays, 1986-1999 (2002) Elizabeth Costello (2003) Slow Man (2005) Verán (Summertime, 2009) Traducido ao galego por Susana Collazo para Rinoceronte Editora en 2013
Notas
Coetzee, John Maxwell Coetzee, John Maxwell Coetzee, John Maxwell Categoría:Nados en Cidade do Cabo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Premios Nobel de Suráfrica