Odoacro (en latín: Odoacer ou Odoacar) nado preto do ano 433 e finado en Rávena o 16 de marzo de 493, tamén coñecido como Odovacar, posiblemente derivado do xermánico Audawakrs ('que busca a riqueza'), de orixe huna e escira, foi un xeneral romano e despois xefe da tribo xermana dos hérulos.
Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476, quen foi deportado ó Castellum Lucullanum na baía de Nápoles.
Dende o punto de vista relixioso, era cristián ariano.
Traxectoria
Orixes familiares A falta de fontes dispoñibles sobre esta importante figura na historia romana deixou a miúdo espazo na historiografía para a imaxinación e as invencións sobre o seu personaxe.Dumezil (2016), pp. 993-994Kim (2013), pp. 98–101 Do mesmo xeito que moitos oficiais de alto rango de orixe estranxeira que serviron no exército do Imperio Romano durante a Antigüidade Tardía, a identidade étnica de Odoacro é incerta. As súas orixes eran probablemente mixtas, un feito que, ademais, interesou moi pouco aos seus contemporáneos. Nado en Panonia Prima, durante a súa vida, Odoacro foi descrito como turinxio (ou TurcilingoWolfram 1997, p. 183), ruxio ou, segundo Teófanes, godo.MacGeorge (2002), p. 284. Ao recibir o mando no exército romano, as tropas mercenarias que dirixía agrupábanse baixo o nome de "hérulos" e a Consularia Italica refírese a el como "rei (rex) dos hérulos".
Porén, do que si se sabe é que a súa nai, cuxo nome tamén é descoñecido, era escira. Seu pai tiña o nome xermánico de Edika (ou Edecon) e foi un dos colaboradores máis próximos de Atila, para quen dirixiu unha embaixada en Constantinopla,Wolfram 1997, p. 142 o que non implica que tivese orixes hunas, posto que Atila tiña moitos oficiais xermánicos ao seu servizo.
Odoacro tiña un irmán maior, Hunulf, que tamén se uniu ao exército do Imperio Romano de Oriente, onde se converteu en magister militum per Illyrium(“comandante en xefe en Iliria”).Wolfram 1997, p. 184 No ano 479, Hunulf uniuse ao seu irmán, converténdose na súa man dereita.
Odoacro casou con Sunigilda, coa que tivo un fillo chamado Thela.
Etimoloxía do nome A orixe do nome Odoacro que podería informar sobre a súa orixe tribal, é obxecto de amplo debate. Adóitase aceptar que deriva do xermánico *Audawakraz (gótico *Audawakrs), de aud- "sorte, posesión, riqueza" e wakr- "esperto, vixiante", "o que garda as súas riquezas",Waldman & Mason (2006), p. 699 mais segue sen estar claro de que lingua xermánica oriental deriva.Reichert & Wolfram 2010, p. 574 En todo caso, esta forma atopa afinidades noutra lingua xermánica, Eadwacer, que aparece nun poema anglosaxón: "Wulf e Eadwacer", onde o inglés antigo traduce o son xermánico anterior au- como ea-.Voyles (1992), p. 141.
Por outra banda, os historiadores Robert L. Reynolds e Robert S. López exploraron a posibilidade de que o nome Odoacro non fose xermánico e presentaron varios argumentos de que a súa orixe étnica podería estar noutro lugar. Un deles é que o seu nome, "Odoacro", para o que afirmaban que non se atopara unha etimoloxía convincente nas linguas xermánicas, podería ser unha forma do túrquico Ot-toghar ("nado da herba" ou "nado do lume"), ou a forma máis curta "Ot-ghar" ("pastor").Reynolds & Lopez 1946, p. 45 Igualmente, tamén existe debate sobre a etimoloxía de Edeco, o aparente nome do pai de Odoacro, pois mentres Omeljan Pritsak o consideraba túrquicoPritsak 1982, pp. 456–457 outros, como Peter Heather, seguen a consideralo xermánico.Heather 2005, p. 329
O nome do irmán de Odoacro, Hunulf ou Onulf, acéptase xeralmente como xermánico, "lobo huno".Castritius 2005 Reynolds e Lopez salientaron que a primeira parte, "hun", aínda que o significado é incerto, pode referirse aos hunos.Reynolds & Lopez 1946, p. 49 O fillo de Odoacro recibe dous nomes diferentes en fontes antigas, Thelan e Oklan. Reynolds e Lopez comparan estes cos nomes túrquicos: "Thelan parécese ao nome que levaba o khagan dos turcos orientais, Tulan, que reinou dende o 587 ata o 600 d.C. Oklan parécese moito á palabra turco-tártara oghlan, 'mocidade'".
A suposición de que a etimoloxía do nome de Odoacro pode empregarse para determinar a súa ascendencia ou lingua foi criticada por historiadores e filólogos como Otto J. Maenchen-Helfen e Walter Pohl, que sinalaron que os falantes xermánicos usaban nomes hunos neste período e rexión, e viceversa.Macbain 1983, p. 324. Como subliña Pohl, a mesma persoa podería ser considerada huna ou xermánica en diferentes circunstancias, especialmente durante as convulsións posteriores á morte de Atila, e "a clase dominante do imperio de Atila continuou a influír na política tribal mesmo despois do seu colapso".Pohl 1986
Soldado do exército romano de Occidente (460-476) Probablemente Odoacro pasou a súa xuventude na corte de Atila e logo uniuse ao exército romano arredor dos trinta anos, cando o reinado de Antemio comezou a vacilar.Thierry (1859), p. 950
Rei de Italia (476-493) miniatura|Sólido bizantino de Odoacro en nome do lexítimo emperador Zenón. Esta moeda documenta a submisión formal de Odoacro a Zenón.|esquerda Despois de derrocar a Rómulo Augústulo, Odoacro conquistou o resto de Italia, onde as súas tropas se comportaron coma se fose territorio conquistado, antes de entrar en Roma. Os habitantes asustados apresuráronse a recoñecelo como soberano. Aínda que conservou o título de "rei" que lle outorgaran os seus soldados, non engadiu nin o nome dun territorio nin o nome dun pobo.
Ao presentárselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como Ricimer, optou pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador Zenón en Constantinopla, xunto cunha carta na que pedía ser confirmado dux de Italia. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de patricio.
Até a súa morte en 480, o emperador lexítimo de Occidente Xulio Nepote seguiu sendo teoricamente o superior de Odoacro, mentres que este chegou mesmo a emitir moeda no seu nome. Malia iso, Odoacro tamén se chamou a si mesmo rex Italiae (Rei de Italia) e como tal foi recoñecido durante o resto da súa vida.
Con todo, as relacións entre Odoacro e a Roma oriental empeoraron máis adiante, e en 489, co apoio do emperador Zenón, os ostrogodos baixo Teodorico o Grande invadiron o reino de Odoacro, destruíron o seu exército de bárbaros foederati (e as poucas tropas romanas que aínda existían), forzando a que se rendese en 493. Teodorico convidou a Odoacro a un banquete en Rávena, e crese que alí o asasinou coa súa propia espada, facéndose con todo o seu reino.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Biografía de Odoacro
Categoría:Historia antiga de Italia Categoría:Finados en 493 Categoría:Reis dos hérulos Categoría:Historia de Italia do século V Categoría:Historia medieval de Italia