Antonio Doncel Valcárcel, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 30 de xaneiro de 1967, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa. Destacou especialmente nas filas do Deportivo da Coruña, no que militou durante cinco anos, os dous últimos na Primeira División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Comercial de Lugo, na tempada 1983/84 foi cedido ao Lugo. Debutou co primeiro equipo deste con só 16 anos, o 4 de setembro de 1983, na primeira xornada da Terceira División ante o Atlético de Riveira. Dez días despois estreouse tamén na Copa do Rei, saíndo como titular na primeira rolda ante o Compostela no campo do Souto, en Padrón, onde formou na defensa xunto a Quique Lopez, Geada e Ramón Piña. Disputou un total de sete encontros co club lucense, todos eles como titular.
En 1984 ingresou no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, pero axiña subiu ao Fabril, no que xogou durante os seguintes cinco anos, ás ordes Luis Rodríguez Vaz. En decembro de 1988 debutou co primeiro equipo na Segunda División da man de Arsenio e afianzouse rapidamente na titularidade, pechando a tempada con 26 partidos co conxunto principal e un gol ante o Figueres. Na seguinte tempada disputou sen éxito a promoción de ascenso á Primeira División, categoría á que finalmente conseguiu subir ao remate da 1990/91, despois de ser titular habitual no equipo de Arsenio, excepto nas últimas xornadas nas que se viu eclipsado pola fichaxe de Miroslav Đukić.
Despois de estar ausente nas primeiras xornadas por estar realizando o servizo militar, debutou na máxima categoría o 29 de setembro de 1991, ante o Valladolid, saíndo como titular na defensa xunto a Lasarte, Đukić e Sabin Bilbao. Disputou un total de 23 encontros ao longo da tempada, pero a súa participación reduciuse na seguinte, na que só tivo oportunidades ante as ausencias por baixa de Ribera ou Albistegi. Xogou un total de 138 encontros en cinco campañas co club coruñés.
No verán de 1993 fichou polo Real Burgos, da Segunda DIvisión, onde recuperou o seu lugar nos onces iniciais, pero non conseguiu manter a categoría. Na tempada 1994/95 militou no Levante de Juande Ramos, proclamándose campión do Grupo III da Segunda División B, pero sen conseguir o ascenso á categoría de prata. Na seguinte campaña regresou a Galicia para militar no Racing de Ferrol, equipo adestrado polo seu antigo compañeiro Ramón Piña, co que xogou un total de 28 encontros. Disputou a promoción de ascenso a Segunda, de novo ás ordes de Rodríguez Vaz, sen éxito.
En 1996 instalouse en Inglaterra, onde asinou como novo xogador do Hull City, da Third Division. Xogou durante dous anos no club de Kingston upon Hull, o segundo deles con Mark Hateley como xogador-adestrador, sumando un total de 46 encontros oficiais e 2 goles.
A continuación regresou á Coruña, onde xogou no fútbol de peñas, así como no fútbol sala, formando nas filas do Firmamento LP-45, xunto a xogadores históricos como Vituco ou Castillo. En 2001 volveu ao fútbol herba, fichando polo Santa Clara, da Primeira Liga de Portugal. Con todo, xogou só uns meses no club das Azores, pasando en decembro do mesmo ano ao Bergantiños, de Preferente, por petición expresa do adestrador José Luis Vara. Retirouse definitivamente tralo ascenso do equipo á Terceira División esa mesma campaña.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División e Segunda División e de EFL Cup.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesLugo1983/84Terceira División6010 - -70Fabril1984/85Terceira División9000 - -901985/86Terceira División19000 - -1901986/87Terceira División 32 0 10 - - 3301987/88Terceira División 38 1 00 - - 3811988/89Segunda División 13 0 00 - - 130Total club111110001121Deportivo da Coruña1988/89Segunda División19170 - -2611989/90Segunda División34110203711990/91Segunda División 33 0 51 - - 3811991/92Primeira División 18 0 50 - - 2301992/93Primeira División10040 - -140Total club1142221201383Real Burgos1993/94Segunda División29020 - -310Levante1994/95Segunda B1700010180Racing de Ferrol1995/96Segunda B2212040281Hull City1996/97Third Division26220303021997/98Third Division1200030150Total club3822060462Santa Clara2001/02Primeira Liga8000 - -80Bergantiños2001/02Preferente??00 - -??Total carreira 345 6 30113 0 3887
Palmarés Levante Segunda División B (1): 1994/95.
Bergantiños Rexional Preferente (1): 2001/02.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Láncara Categoría:Futbolistas de Láncara Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Burgos Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Hull City AFC Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes