A bornita ou erubescita é un mineral do grupo dos sulfuros. É un sulfuro de ferro e cobre, de cor cobre manchado con iridescencias púrpuras, polo que se lle dá o alcume de mineral pavo real.
Desde 1725 foi mencionado en estudos de minería, pero non foi até 1845 cando lle puxo nome o mineraloxista austríaco Ignaz von Born (1742–1791).
Ambiente de formación A bornita fórmase nas intrusións ígneas, formándose como mineral primario de cobre nos filóns pegmatíticos e hidrotermais asociados a cámaras magmáticas. Tamén pode aparecer de forma secundaria, nas zonas de oxidación dos depósitos asociada á malaquita.
Localización e extracción Extráese pola súa importancia industrial como mena do cobre e encóntrase en depósitos porfíricos xunto con outra mena de cobre máis abundante e común, a calcopirita. Tanto a calcopirita como a bornita son substituídas por calcocita e covelita nos depósitos enriquecidos en cobre.
Tamén aparece diseminada en rochas ígneas máficas e en materiais sedimentarios cupríferos, algúns depósitos de gran riqueza en bornita como os que se encontran en México e nos Estados Unidos. Tamén hai grandes depósitos no Perú e Chile.
Véxase tamén
Bibliografía Palache, C., H. Berman, and C. Frondel (1944) Dana’s system of mineralogy, (7th edition), v. I, 195–197. Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Mindat.org Webmineral.com
Categoría:Minerais