Carnotita é un mineral de vanadato de potasio e uranio hidratado , cuxa fórmula química é: K2( UO2 )2( VO4 )2·3H2O, podendo conter pequenas cantidades de calcio, bario, magnesio, ferro e sodio. O índice de auga pode variar.
Características A carnotita é un mineral brillante, amarelo esverdeado, que aparece tipicamente en forma de costras e escamas en arenitas, tornándoas amarelas brillante. O índice elevado de uranio fai da carnotita un minerio de uranio importante e tamén radioactivo. É un mineral secundario de vanadio e uranio xeralmente encontrado en rochas sedimentares de climas áridos.
Pódese encontrar nos estados americanos de Wyoming, Colorado, Arizona, Utah, Novo México, e tamén en Pensilvania. Relátanse tamén depósitos no Zaire, Marrocos, Australia e Kazakhstán.
Foi nomeado en homenaxe a Adolphe Marie Carnot ( 1839 – 1920 ), enxeñeiro de minas e químico francés.
Existen diversas variedades do mineral: Margaritasita (( Cs,K,H3O)2( UO2 )( VO4 )2•H2O ) Tyuyamunita,(Ca(UO2)2(VO4)2•5-8H2O).
Véxase tamén Bibliografía Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., John Wiley and Sons, Nova York ISBN 0-471-80580-7
Outros artigos Lista de minerais
Ligazóns externas Webmineral Mineral Galleries Mindat.org
Categoría:Minerais