O Košarkaški klub Radnički (en serbio: Кошаркашки клуб Раднички) foi un club de baloncesto profesional con sede en Kragujevac, Serbia. En 2014 o equipo foi disolto, tras vinte anos de historia, debido a problemas financeiros.

Historia O KK Radnički foi fundado en 1994 en Vršac como KK Kondivik, comezando a competir nas categorías máis baixas, e rexistrando dende aquela continuos éxitos. Así, en 2001, conseguiu chegar á máxima categoría serbia, cambiando ao nome ao de KK Lions. Baixo ese nome rexistrou un dos avances máis importantes na historia dos clubs de baloncesto, pasando dende a última categoría a ser tres tempadas seguidas terceiro na primeira división de Serbia (categoría inferior á Superliga de Serbia). En 2004 o club chega a ocupar o primeiro lugar na liga, e pasa a denominarse "Swisslion Takovo". Despois desa tempada e da reorganización da liga, perde a categoría, á que volve en 2006. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09, o club ten ocupado o primeiro na liga de baloncesto de Serbia, chegando á Superliga Serbia e á final da Copa Korać.

Despois de gañar unha eliminatoria á KK Vojvodina de Novi Sad de 3-0, clasificouse para a Liga do Adriático. Con todo, o patrocinador do club dende hai moito tempo, "Swisslion Takovo", baixou o seu investimento ao club antes do comezo da tempada de debut na NLB League. Así, o rescate do equipo chegou da man do alcalde da cidade de Kragujevac, Veroljub Stevanovic, co que o club trasladouse dende Vršac a Kragujevac o 21 de novembro de 2009, cambiando o seu nome polo da Sociedade Deportiva e dado o nome da sociedade dos famosos deportes "Radnički". Hoxe, a vila ten o pracer de ver no seu pavillón Hala Jezero grandes equipos como o Partizan, Hemofarm, Crvena zvezda, Cibona, Bosna, Olimpija ou Zadar.

Pavillón

O Hala Jezero (do serbio: Pavillón do Lago) é unha área deportiva cuberta localizada na propia cidade de Kragujevac. A súa capacidade é de 5.320, sendo agora mesmo sede, a parte do KK Radnički de baloncesto, da súa sección de voleibol. O primeiro evento deportivo disputado no pavillón foi o 20 de outubro de 1978, nun encontro entre o KK Radnički e a Jugoplastika Split.

Xogadores Destacados

Boban Marjanović Dragan Milosavljević Nenad Miljenović Miljan Pavković Marko Marinović Stefan Sinovec Stefan Birčević Stefan Jović

Ratko Varda Steven Marković Mark Worthington Terrico White Michael Lee Michael Scott David Simon Aleksandar Ćapin

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Serbia